«Seguiremos sendo zona de paso»

Carmen Paradela RIBADAVIA

OURENSE

SANTI M. AMIL

Entrevista | Antonio Míguez

29 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Ó frente da Oficina Municipal de Turismo de Ribadavia atópase dende fai moitos anos, Antonio Míguez. Un traballador que recibe con satisfacción a intención do actual grupo de goberno de potenciar o sector turístico na vila e mellorar, ademais de dotar incluso de novo mobiliario, a este departamento. Unha política que pasa pola implantación dun programa específico de actuacións na capital do Ribeiro, xa nos meses do vindeiro 2004. -¿Que lle parece esta aposta do Concello de Ribadavia coa creación dun plan específico de turismo? -Moi ben, é unha aposta lóxica e natural porque este sector, xunto co de servicios. é un dos do futuro e é lóxico que un dos cometidos do goberno sexa desenvolvelo, dependendo despois das medidas coas que se conta. É un sector que necesita un mellor desenvolvemento e habería que facelo canto antes, xa que do contrario teríamos que ir a rebufo doutros. -¿Coma está a capital do Ribeiro dentro do panorama turístico de Ourense? -Hai varias cousas. En canto o servicio de información a oficina de Ribadavia foi pioneira en Ourense, pero despois en infraestructuras carecemos delas. En Allariz están moito mellor en aloxamentos, por exemplo... -¿É a asignatura pendente a aprobar? -En Ribadavia non hai tantas, pero no Ribeiro hai agora un montón de iniciativas privadas para infraestructuras hoteleiras e, comparado co resto da provincia, non está tan mal. Ourense, turísticamente, está nos últimos postos, porque seguimos sendo un lugar de paso. -¿Que fai a Ribadavia diferente do resto? -Ten tres cousas xuntas que crean unha potencia: viño, augas termais e patrimonio histórico artístico, que aínda que estén sen explotar plenamente, ben conxugados a diferencian do resto. -¿Cal é o seu futuro a corto plazo? -Seguiremos sendo zona de paso. Ata que haxa infraestructuras adecuadas.