Un libro sobre a romaría da Saínza pon a nota cultural en Expolimia

La Voz J.M.G. | OURENSE

OURENSE

SANTI M. AMIL

O autor é Delfín Caseiro quen fixo un percorrido pola historia desta festa de interese turístico A batalla de mouros e cristiáns de Rairiz de Veiga é a máis famosas de cantas se celebran en Galicia

06 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Expolimia achegouse á cultura acollendo dun xeito especial a presentación en sociedade do libro A Romaría da Saínza. Mouros e cristiáns , do que é autor o catedrático Delfín Caseiro. Queda recollida no papel unha das festas máis típicas de Galicia, da que toda a Limia se sinte orgullosa porque é unha tradición de toda a comarca, como ben dixo o autor para quen ir a esa romaría de neno era «como traguer o mundo á aldea, como entrar nunha realidade máxica». O libro é unha axuda valiosa para facer pedurar na memoria limiá unha festa singular. Contribuiron a facer realidade esta obra moitas persoas. Caseiro falou con homes e mulleres de Rairiz e da zona quedando asombrado «polo galego delicioso que empregan». Seu pai tamén percorreu con el o camiño da pescuda e onte non cabía en si ó ver o froito destes anos, algo por el vivido dende hai moitas décadas, nunha obra ó alcalce de todos. Editou o volumen a firma ourensá Difusora de Letras, Artes e Ideas. Consta de cinco partes. Comeza facendo un percorrido pola realidade da Limia, dqa súa riqueza natural, etnográfica, cultural. Por esta fiestra pasamos a coñecer a historia da festa que data, aproximadamente dos anos 1830 ou 1840. Hoxe está declarada como Festa de Interese Turístico Galego. Comparacións Caseiro fai un estudio completo da estructura do ataque de mouros e cristiáns, personaxes, vestiario, os textos, a pirotecnia que é fundamental nesta batalla, o cabalo, a carballa da rocha e unha compracaión con outras festas de mouros e cristiáns como as da Cañiza, Laza, outras do Levante e Sur de España e ata unha que se fai en México con sete mil participantes. Hai un apartado agarimoso para falar da xente do lugar, da xente da Saínza, dos devanceiros, da animación musical ou dos participante nos ataques dos anos 1999 a 2002. Delfín Caseiro non pode agouchar a paixón por este feito cultural que o leva no sangue. Neste libro aparecen tamén os textos actuais do ataque e comentarios ó mesmo. Os textos foron recollidos no 1945 por Fernández Ojea e no 1952 Ramón Touceda Fontenla fixo un estudio máis amplo e dende entón empréganse esos diálogos que o público pode escoitar mediado o mes de setembro. As páxinas deste libro encerran, indica Delfín Caseiro, emoción: «Ímonos recoñecer todos os que nos sentimos ligados a esta festa», suliñou no acto de presentación dentro do recinto feiral. Seu pai emocionouse e recordaba seus anos mozos na romaría: «A Saínza é algo digno, nesa data xa non hai outro sitio para onde ir. Iso haino que vivir». Agora o resto dos ourensáns poden coñecer mellor A Saínza e animarse a vivila.