Tan bonita, la vida

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

19 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

MENTRES o mundo deposita resaca entre as terrazas, eu, que cambio resaca por clavelitos, contemplo a foto exacta desta provincia: o virrei bebendo a morro, botellita entera. Esa é a definición de Auria: os demais beben por copa, o virrei botella a botella. Grandísimo virrei. El tamén merece un tango, de Goyeneche, el polaco, recén chegado de Buenos Aires entre os dedos cálidos de dous amiguetes con sabor porteño, e carita de melancolía, e un gol de Maradona, e Borges. Que viva Argentina, y el futuro (y también, ¡que vivan!, muchos pedazos del pasado). Nas terrazas están os que se levantan ás nove e pasean, os que se deitan ás nove e só pasean pola estación da derrota, os que non dormen por borrachitos, os instalados na infancia como Peter Pan, os que se envolven no edredón do amor entre suspiros, ai. Nas terrazas, este domingo, están os soños camiñando funámbulos pola corda frouxa da ternura. Buscando unha mirada, uns ollos verdes, unha lúa de prata. Procurando ilusións, agora que as ilusións presentan suspensión de pago. Se nos cierra la cuenta corriente del corazón. Cada domingo. Sentados en la terraza y viendo pasar, tan bonita, la vida.