«Imos levar a escritores a que coñezan a zona do Couto Mixto»

OURENSE

21 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

? zona da provincia de Ourense coñecida como o Couto Mixto está a recuperar a súa memoria histórica e a súa realidade. Unha labor na que se afanan de maneira singular os membros da Asociación de Amigos do Couto Mixto programando actividades, visitas e encontros neste espacio máxico que se ten convertido no esceario literario de varios autores, entre outros de Luís García Mañá -que presentaba recentemente Menino morreu en compaña de Xosé González Martínez-. -¿Que iniciativas vai desenvolver a asociación ó longo dos próximos meses? -Estamos traballando para facer unha visita de escritores a esta zona. A nosa intención é xuntar a unha ducia de escritores para levalos a que coñezan a zona do Couto Mixto. Xa temos confirmada a presencia de creadores como Alfredo Conde, Neira Vilas ou Bento da Cruz. Tamén está prevista a participación de outros autores que xa teñen escrito sobre a zona ou ambientado aquí as súas historias, como pode ser Riveiro Coello. -¿Cando se faría esta actividade? -En principio a nosa intención é poder levar adiante esta iniciativa alá cara a finais do verán o comezo do outono. -Recentemente visitaron este espacio varios compositores ¿quenes foron? -Invitados pola asociación estiveron no Couto Mixto o gaiteiro Enrique Otero, o profesor de conservatorio Antón Pulido, o antigo director da Xove Orquestra de Galicia, Xoán Trillo, Antón Seoane, de Milladoiro, e outro compositor que agora non lembro. Logo sumouse Tomás Camacho. -¿Que resultados vai ter esa experiencia? -En principio imos manter un novo contacto con eles por saber se van facer algo logo da súa estadía neste espacio. -¿Barallan algunha iniciativa mais? -Estamos facendo xestións para traer ó director José Luis Cuerda a coñecer estes lugares.