Susana Seivane e circuito literario

La Voz

OURENSE

15 mar 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Se a devandita Fundación asentada en Vigo promoveu hai dous anos a recuperación da historia do Couto Mixto, fai agora outro tanto coa figura deste gaiteiro. Naquel acto do domingo actuará Susana Seivane, que debuxará no aire algunhas melodías mentras se lé un anaco final do xa coñecido poema adicado por Curros a Manuel Castro. Tamén actuará un grupo da Universidade Popular de Vigo. A xornada rematará cun breve percorrido pola chamada Ruta Currosiana entre Penalta e o Santuario da Virxe do Cristal. Pasararse por diante do camposanto de Mourillós onde está soterrado o gaiteiro e no adro do santuario lerase parte do poema da Virxe do Cristal. O autor do deseño desta roteiro cultural e literario é o enxeñeiro Xosé Benito Reza, que permite dar a coñecer fermosas paisaxes, lugares e paraxes relacionados coa producción literaria de Curros Enríquez.