Dolores Vázquez

María Canosa
maría canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

Dolores Vázquez durante el homenaje que le tributaron en Madrid
Dolores Vázquez durante el homenaje que le tributaron en Madrid Maria Aguilella Pardo | EFE

Podemos pechar as feridas con curas, antisépticos, tempo... E con medallas? Dóeme o sorriso de Dolores Vázquez ao recibila. A súa é unha historia que incomoda. Obríganos a avaliarnos como persoas e sociedade. Non foi só un erro xudicial. Foi un xuízo paralelo. O tribunal popular ditaminou, pero xa antes a condenaramos todos. Agora recibe unha medalla á igualdade e fala de perdón, de aprendizaxe, de seguir vivindo. Que dignidade!

Quen lle devolve o que perdeu? Quen lle restaura os meses no cárcere, o sinalamento constante, os anos sen traballar, a vida interrompida ? Nin unha medalla compensa nin un perdón institucional abonda. Os erros xudiciais poden ter responsables concretos, pero o dano social é máis amplo. Son milleiros de voces, olladas, prexuízos convertidos en certeza... Onde están agora todas esas persoas? Onde quedaron os berros, os insultos, as acusacións que se lanzaban con tanta facilidade?

O silencio non é reparación. Debemos asumir as inxustizas.

Ela perdoou, pero a sociedade segue a ter unha débeda.