A verdade e a mentira
O poeta berciano Alejandro L. describiu o noso ambiguo tempo cuns versos precisos: «La verdad camina queda; / pues sabe que no la sigues. / El engaño se sienta a tu vera/ y tú, le ofreces un café».
Tras a desclasificación dos papeis do 23F din os medios que o rumor da implicación do anterior xefe de Estado no golpe foi en realidade unha trola que armaron os golpistas para se lexitimar. Será esta afirmación unha mentira para agochar unha verdade que agocha unha mentira? En cousas de máscaras nunca se sabe, pero cómpre facer caso de novo ao Alejandro L. (ama o disfraz e por iso nunca desvela o seu apelido) cando di: «El engaño no huye/ […] Descúbrelo,/ si aún te quedan ojos/ que no pidan permiso para ver.» Espírito crítico en tempo de loiadas. Benito Pantaleón. Santiago.
Que nos vaya bien
Deberíamos pensar que todas estas personas que están encarceladas por un delito u otro, pueden ser mejores. Todos somos el futuro del mundo, si nos creemos esto, el mundo irá mejor. Debemos perdonar, abandonar el juicio y dejarle esta tarea a los jueces. Deberíamos contar con las prostitutas, con los pobres, con los que duermen en la calle, con los desahuciados, con los que malviven, con los que ya no llegan al final del mes porque ellos son parte de nuestro futuro. Cada uno debe de hacer su parte para crear un mundo donde la violencia sea cosa del pasado. Ya tenemos otra guerra en marcha. Cada uno tiene que dar pronto un giro a su vida, es esencial que esto suceda. Antonio García Castellano.
Dicir que non salva vidas
A sociedade actual non é consciente da importancia de dicirlle «non» á rapazada. Unha negativa é protección. O imperativo «Non te achegues aí!» representa unha advertencia de perigo en forma de diferentes significados. Pode vir a dicir: «Vaste queimar!», «Vas caer!» ou mesmo «Respéctame!» Non son psicólogo pero si pai e, na miña experiencia, as crianzas interiorizan e dotan de significado o «non»antes que o «si», precisamente por esa aprendida protección ante o perigo que vén das súas figuras de referencia. E iso fai que se sintan estables e protexidos, ademais de aprender o que son os límites, así como a xestionar a frustración.
Mais agora está na moda a barra libre, a lei de que fagan o que lles pete. E claro, algunhas persoas botan as mans á cabeza cando unha familia lles nega calquera capricho á súa descendencia. Hai que deixar que decidan, din. Hai que dialogar e negociar. Negarlles as vontades crea un trauma no futuro, opinan, descoñecedores de que o mellor momento para a aprendizaxe é durante a infancia. As actitudes, así como os valores, interiorízanse e permanecen neles na idade adulta, formando parte da súa personalidade. Se fomentamos respecto na adultez serán todo o respectuosos que sexan capaces. O mesmo acontece coa tolerancia, coa responsabilidade, (engada aquí tantas comas e valores como lle pareza). Serán adultos tolerantes, responsables... e iso, señoras e señores, salva vidas. Porque non beberán se teñen que usar o coche. Porque rexeitarán as drogas que lles ofrezan. Porque pararán ante un «non» da persoa que teñen diante. Porque respectarán a lei, a propiedade privada, as liberdades individuais e a vida en xeral.
Estou seguro de que todos queremos o mellor para as nosos fillos e para a sociedade do futuro en xeral. Pero claro... Para chegar aí hai que «traumatizalos» (e perder a paciencia) a base de respostas negativas. Se o fácil é dicir que si a todo! Pero iso non nos fai mellores pais.
Aquí lles deixo, se aprecian a súa prole, o segredo dun bonito futuro: digan que non, varias veces ao día. É un investimento de futuro. Adrián Blanco.
El rey emérito y su vuelta a España
Si el rey emérito retorna o no a España es una decisión que solo pesa sobre él. Tendrá que tener en cuenta el importe económico que le supondrá el hacer frente a las exigencias del fisco y saber exactamente dónde va a vivir. ¿En la casa de sus hijas? ¿En una residencia de ancianos? Son solo algunas posibilidades. Lógicas, por otra parte. Marisa García. Lugo.