¿Por qué mi hijo de 13 años no puede viajar solo en el AVE de Galicia a Madrid?
OPINIÓN
AVE: un servicio que no existe
La semana pasada estuve buscando opciones de transporte para que mi hijo pasara este puente con su primo en Madrid. Sabía que, al ser menor de 14 años, no podía viajar solo en tren; pero también conocía el «servicio de menores» que Renfe vende como «un servicio de acompañamiento a menores pensado para que niños y niñas de entre 6 y 13 años puedan viajar solos con total seguridad en trenes AVE y larga distancia». Un trabajador de Renfe se encarga de recibir al menor en la estación de origen, ayudarle con el embarque, acompañarlo durante todo el trayecto y entregarlo personalmente a la persona autorizada en la estación de destino.
Sin embargo, este servicio tiene una letra pequeña que Renfe no indica en su tortuosa página web. No está disponible en todas las estaciones, entre ellas la de A Coruña, por lo que me fue imposible comprar el billete.
Finalmente mi hijo viaja solo en avión porque Iberia, que también dispone de un servicio similar, lo tiene obligatorio para niños de hasta 12 años; y voluntario para menores de entre 12 y 16.
Gracias Renfe. Elisa C. F. A Coruña.
Conversas de bar
Antes un entraba nun bar e axiña falaba co de ao lado. Comentábase o tempo, o fútbol ou o prezo do peixe. Hoxe, cada mesa parece un pequeno mundo illado por pantallas. Os móbiles enchen os silencios, pero baleiran as conversas.
Que diferente era cando a barra era un lugar para atoparse, non para desconectarse. Alí aprendíase a escoitar, a bromear, a discrepar sen enfadarse. Agora, entre tanto ruído, bótase en falta aquel murmurio amable das charlas sen presa. Nuria Corbella Ansede.
Podemos rexeitar nenos?
Din que as persoas non somos cifras; sei que somos emocións, lazos, singularidade. Pero tamén sei que as persoas somos cifras; sei que somos votos, contribuíntes, pensionistas.
Sei que en Galicia hai 224 maiores de 64 anos por cada 100 menores de 16, o que significa menos avós, porque se non hai netos, os avós non son máis que vellos. E sei que este curso hai
uns 4.000 alumnos menos en Galicia, e que na última década se perderon uns 20.000 alumnos, o que significa menos educación, menos ilusións, menos futuro.
A pesar disto, unha arrogancia colonial mal entendida leva a certa clase política a rexeitar a
uns cantos centos de menores non acompañados.
Se as persoas somos cifras, que o somos, que cálculo leva a que unha comunidade que perdeu 4.000 alumnos no último curso non poida facerse cargo duns 300 nenos e nenas estranxeiros?
Esta decisión parece matematicamente inexplicable. E se as persoas somos emocións, lazos… non podemos dar refuxio, educación, incluso afecto, a uns cantos centos de nenos que veñen fuxindo da penuria para dar de fociños co desprezo? Esta decisión é moralmente incomprensible. Jorge P. Ourense.