XOAN A. SOLER

18 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Estes días, por mor do Día das Letras Galegas, fálase moito do risco no que se atopa a nosa lingua, cousa que é ben certa. Escóitase moito dicir que nas nosas escolas non abonda co que se estuda en galego. Non vou ser eu quen negue a importancia e necesidade do ensino na nosa lingua. Pero lembro cando eu era rapaz e estudaba EXB, que ademais de non dar ningunha materia en galego non estaba permitido falar en galego nas clases... Pola contra, na miña casa e como noutras moitas falábase sempre na nosa lingua: miña avoa, meus pais, meus irmáns, os veciños... Todos falabamos en galego sempre. Agora vou pola rúa e escoito os nenos e rapaces falando castelán; se van cos seus pais falan castelán, se van cos avós, o mesmo... No ensino é moi importante o galego, pero falalo nas casas tamén. Jorge Guerreiro. As Pontes.

Grazas por escribir en galego

Son un dos centos de miles de galegos da xeración do baby boomGrazas por escribir máis páxinas en galego no seu periódico. Non é mellor nin peor có castelán, pero é o noso, e moitas veces tivemos (e temos) a sensación de que a cultura escrita non está ao nivel da nosa cultura popular. Ventura Blanco. Outeiro de Rei.