«Que tal unha rede ferroviaria que vertebrase núcleos rurais e urbanos da costa cantábrica?»

OPINIÓN

PEPA LOSADA

18 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

De Ferrol a Gijón en tren

O tren de ancho métrico Ferrol-Gijón é unha oportunidade de transporte público sostible que, de momento, languidece. Paréceme unha insensatez desaproveitar esta infraestrutura histórica que foi quen de abrirse paso ao longo da orografía difícil da costa. O seu futuro podería ser diferente. Que tal contar cunha rede ferroviaria exemplar que vertebrase núcleos rurais e urbanos da costa cantábrica? Que tal se os viaxeiros contasen cun tren fiable que cubrise as necesidades de desprazamento?

Polo momento o tren sobrevive malamente, pois as necesidades son moitas: melloras nas infraestruturas, maior número de trens e renovación dos antigos, bo servizo de mantemento de infraestruturas e trens, contratación de persoal, xestión dun eixe cantábrico, etcétera. Algunhas melloras están en marcha en Asturias e Cantabria. O norte de Galicia, á espera.

No verán utilizo con frecuencia o tren desde o apeadeiro de O Vicedo e dou fe do seu deficiente funcionamento, e, coma min, os veciños, grupos de mozos e turistas cos que teño compartido asento e conversa. O máis habitual é que o tren traia algún retraso, e tampouco é raro que se suprima algún servizo. Neste último caso, Renfe ofrece taxi ou bus alternativo, co conseguinte custo para a empresa e máis ou menos espera para o usuario. Con bastante frecuencia non hai interventor, polo que o viaxeiro non dispón de billete e o maquinista vese obrigado a realizar todas as paradas, por se baixa alguén. Tampouco é raro que haxa incidencias nas vías, sobre todo cando vai mal tempo. De cando en vez tamén hai avarías. Un día de agosto do último verán, ao apearme en Viveiro, alí quedou o tren, que xa chegara con máis freadas das debidas desde O Vicedo.

A viaxe máis surrealista? Hai dous anos, desde O Vicedo ata Ferrol. Comecei a viaxe nun tren con poucos viaxeiros e sen interventor a quen pagarlle o billete e preguntarlle polo ruído agudo e molesto que non cesou en toda a viaxe. Como distracción, a parella de asentos diante miña, que parecía desprazarse tamén sobre carrís e realizar a súa propia viaxe. Ao compás do balanceo do tren, cara á esquerda invadía boa parte do corredor e cara á dereita regresaba ao seu lugar orixinal. Ao longo do traxecto algún viaxeiro subía e baixaba do tren. Os que nos apeamos en Ferrol, nun control de viaxeiros, pagamos relixiosamente e recibimos cadanseu billete. Ana Rodríguez C. Ourense.

Jubilación parcial

Parece que hay acuerdo entre Ministerio de Sanidad, UGT y CC.OO. para activar la jubilación parcial de funcionarios y personal estatutario. Me pregunto cuántos años exigirá el ministerio —y los sindicatos acatarán— para poder acceder a ella. Como sea como antiguamente, a los 38 años y medio, los que están a punto de jubilarse podrán acogerse a ella. Pero el problema son las generaciones futuras que empiezan su vida laboral tarde, con lo cual no podrán acogerse a la jubilación parcial. O sea, ¿hicieron una ley para unos años o con vistas a que dure muchos años? No me fío ni del ministerio ni de los sindicatos. De hecho, ¿por qué no firmaron más sindicatos y solo los dos más allegados al Gobierno? Espero estar equivocado. Sergio López González. Vigo.

Carretera N-550

Como usuario habitual de la carretera N-550, tramo Santiago-A Coruña, quisiera denunciar el mal estado de muchos tramos de la calzada, situación que existe desde hace bastante tiempo. A pesar de que alguno de los concellos por los cuales transcurre ya han hecho público estas anomalías, los arreglos no se producen. Esperemos que desde Fomento se acuerden algún día de nosotros. Manuel Enrique Gómez López. Santiago.