¿Cómo defendemos la enseñanza?
Ya de nuevo en nuestros centros; en mi caso, público. En mi siempre defendida y luchada educación pública por los que me han precedido (familiares directos, magníficos mentores y/o compañeros), la tristeza y sobre todo, esta impotencia también, de nuevo, en este inicio de curso.
—Impotencia ante la Administración que deteriora conscientemente la escuela universal e inclusiva.
—Impotencia porque la universalidad e inclusión es imposible sin recursos.
—Impotencia porque ante esta falta de recursos los padres ni se inmutan, ya que la escuela se ha convertido en una guardería, tanto para los más pequeños como para adolescentes protegidos.
—Impotencia porque mis propios compañeros, direcciones y supongo que, yo misma, nos hemos convertido en sumisos. Sumisos que aguantamos con lo que nos echen. Sumisos e insolidarios entre nosotros por mucho que despotriquemos en inútiles charlas de cafetería. Charlatanes de pacotilla que damos lecciones de moral pero que contribuimos al fraude social.
—Sumisos, en vez de ser combativos y defensores de la escuela pública que tanto ha costado construir y tan poco destruir.
¡Buen año académico 24-25! Es lo que hay. María González. Vigo.
Tendidos eléctricos deficientes
Os días 25 e 26 de marzo do 2019, un gran incendio afectou a Rianxo. Este foi un incendio que puido terse evitado xa que a súa orixe foron deficiencias no mantemento dun tendido eléctrico ao seu paso polo concello veciño de Dodro. A veciñanza da zona aínda recorda o sentimento de impotencia que percorre o corpo cando as lapas arrasan todo o que atopan no seu camiño. Foron case 1.200 hectáreas de terreo convertido en cinzas. As perdas foron numerosas, en moitos casos difíciles de cuantificar xa que como valorar o custe de recuperar as toneladas de terra que se perden en cada incendio? Cantos euros vale a protección que os bosques exercen sobre as augas?
Outra vez, a xente do lugar tivo que partir de cero. Moitas persoas optaron por deixar de traballar as súas propiedades ante a frecuente reincidencia deste tipo de catástrofes, de tal maneira que se incrementa o abandono no coidado das fincas.
Pois ben, 5 anos e pico despois daquel terrible suceso, algúns tendidos eléctricos presentan unha inaceptable falta de mantemento. Xa antes de comezar o verán, fomos varios veciños os que nos diriximos a distintas autoridades para dar conta da perigosa situación na cal se atopan algúns dos tendidos eléctricos.
Agora que remata o período estival, o balance é o seguinte: a compañía eléctrica segue sen realizar os traballos de mantemento e as árbores continuaron o seu crecemento presentando as follas da parte superior das súas copas secas debido á proximidade cos cables. En conclusión podemos afirmar que, as medidas adoptadas por quen ten na súa man facelo resultaron ser claramente insuficientes. E nós que máis podemos facer? Pois nada máis que vivir co risco eléctrico que supón que as copas das árbores toquen os cables, e co risco de que se inicie un novo incendio forestal. O que nos queda é agardar a que se repita a historia. Porque algunhas persoas non nos resignamos, acudimos a La Voz para poñer en coñecemento da sociedade o que está a acontecer. Do gran incendio do ano 2019 cabería esperar que fose como unha lección, pero á vista está que non foi así. Ánxela Miguéns García. Leiro.