«Non se colle no meu pobo, e ata os empresarios turísticos son conscientes»

OPINIÓN

Pepa Losada

18 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Viveiro para quen?

Non se colle no meu pobo. Non se colle nas rúas, non se colle no concello e non se colle na Xunta. Ou, polo menos, non colle a nosa opinión, desbotada sempre que sexa necesario para darlle a razón ao sector turístico. Este xa tomara posicións impunemente contra o noso pobo coa construción, na mesma porta do casco histórico, dun paraíso de cristal para ignorar unha realidade granítica. Por se fose pouco, estes locais que tan alleos son aos viveirenses toman o centro histórico, convertido en centro histórico comercial, con farrucadas de prezos sobredimensionados para que os acomodados turistas poidan comer sen ter que establecer relación coa cultura galega. O Concello non ve problema algún en que se ocupen (cando é con c e por grandes propietarios sempre resulta máis sinxelo aceptalo) edificios para alugalos a turistas. Dá igual en Covas que no pleno casco histórico, que ten que vender ata o mesmo empedrado para contentar o visitante.

As forzas no goberno non dubidarán en converter Viveiro no campo de experimentos do Resurrection Fest, ao que cede espazos públicos como o parque Pernas Peón, baixo o control da propia organización! Por se a terraza da Fontenova —e outras tantas, que non son máis ca pequenas trampas legais para que sexa legal beber na rúa a cambio dunha taxa— resultaba pouco, agora queren privatizar aínda máis espazo e doar un parque enteiro a unha empresa —afincada en Vigo— que non tardará máis de un ou dous anos en comezar a cobrar por usar un espazo público. O medo a que marche o Resurrection é maior á capacidade para cuestionarnos o seu valor, coma unha das outras tantas pezas que artellan o modelo turístico, para a nosa vila.

Centos de poboacións viron no turismo o novo El Dorado e procederon do mesmo xeito que Viveiro. Poucas resultaron nun triunfo, ou polo menos un trunfo para a poboación en xeral e non para o pequeno sector fidalgo que comercia coa vivenda e que explota o pobo para darlle de comer aos señoritos cando eles precisan. Literalmente non se colle! E ata os empresarios turísticos son conscientes. Aínda estamos a tempo de que esta realidade non se nos impoña sine qua non para facer vida no mesmo lugar ao que pertencemos, pero temos que cambiar os intereses que ditan o noso futuro. Jesús Fernández Trama. Viveiro.

Alquiler turístico

Pertenezco desde hace un par de meses a uno más de los centenares de coruñeses desahuciados en los últimos años, no por problemas de impago o subida de alquiler desorbitada, sino porque los propietarios optan por una mayor rentabilidad. Aunque hace años que se habla del problema que supone para los inquilinos el alquiler vacacional, nuestras administraciones —central, autonómica y local— siguen sin actuar, sabiendo que, aunque lo hagan, harán falta años para reequilibrar esta situación. Julio Couto. A Coruña.

A chaqueta que furtaches

A pasada fin de semana, nunha tarde de cans, unha nena estaba xogando cos seus amigos e amigas nun parque público de Bertamiráns (Ames). Malia que o tempo non era demasiado agradable, a actividade física levouna a desprenderse da chaqueta de deixala pousada na herba. Seguiu xogando e gozando da tarde ata a fin dos xogos. Nese momento notou o frío e quixo botar man da chaqueta, pero xa non estaba. Había preto de vinte persoas na zona, pero ninguén viu nada. Ata agora, o contacto desta nena co mal só fora a través de lecturas ou dalgún filme infantil. Agora comprobou en carne propia que a xente que fai cousas malas tamén frecuenta o seu barrio, o seu espazo de confianza e seguridade. E esa perda é, abofé, máis irreparable ca o valor monetario da chaqueta que lle furtaches. R. Folgar. Bertamiráns.