«Folgoso do Courel: a Galicia profunda existe»

OPINIÓN

CARLOS CORTÉS

05 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Centros de saúde de Folgoso do Courel

Dende hai meses, os dous centros de saúde de Folgoso do Courel estaban sendo atendidos por un único médico, facendo malabares para poder tratar a todos os pacientes, co hándicap dunha estrada en obras que une os dous lugares onde se sitúan os ambulatorios. Pero desta volta xa se está atentando contra a saúde dunha poboación na súa maioría envellecida, máis de 900 habitantes espallados por corenta aldeas quedan está semana sen atención sanitaria, posto que se vai  estar sen facultativo tres días a semana.

Unha parte de pacientes que roldan idades comprendidas entre os setenta e noventa anos teñen que desprazarse en taxi, posto que este concello carece de transporte público ata os centros de saúde.

A Galicia profunda existe, reflexo diso é o noso territorio, que parece que ninguén o coñece pero sen embargo atrévese a dar ordes para deixar sen cubrir os dous centros de saúde que hai no lugar. Encarecidamente rogo a quen corresponda que reflexione, e o meu agradecemento aos facultativos polo esforzo que fixeron todos estes meses. Matilde Arza Zarauza.

Seguros de decesos: abuso descarado

Me siento ninguneada por una compañía de seguros ante los hechos sucedidos desde hace unos años con mi madre. Tiene 95 años y lleva más de la mitad de su vida cotizando en un seguro de decesos. Normal que cada año suba la cuota, pero siempre teniendo en cuenta el incremento de su pensión. Pues este año la subida de dicha cuota fue de un 13, 9 %, ¡casi nada! Muy lejos de la subida de su pensión. Llamo a la compañía y dicen que «revisarán el caso». Esta respuesta es la misma desde hace unos años y me siento ninguneada. ¿Qué hacer? ¿Dejar de cotizar y perderlo todo? ¿Cómo es que no existe un organismo que controle estos abusos? Fina R. Fraguela.

Xavi e Mbappé

A Xavi Hernández situárono fronte ao paredón e executárono. Non lle perdoaron o desdicirse. O dicir unha cosa e non cumprila. O dicir unha cosa e cambiar de opinión. Quizais por tratarse dun catalán. Neste país de profundos valores e de principios ata a tumba somos así. Pedímoslle ao outro que cumpra. Que sexa coherente. Que teña honor. Neste país sinalamos e liquidamos a quen non comunga co que se supón debe comungar. Talvez vaia na nosa tradición. Na nosa maneira de facer patria. Na nosa maneira de entendernos como sociedade. Agora ben, tamén somos capaces de mirar cara a outro lado e ante un mesmo acontecer interpretar a situación á nosa conveniencia. Algo que tamén se nos dá ben. Kylian Mbappé fixo o que fixo co equipo máis patrio da patria e, aínda cos seus desplantes, aquí o temos. E todo son benvidas. Boas palabras. E como bos católicos, tamén se lle ofreceu penitencia. Posto que ao final acabouse por entender e xustificar as súas malas formas. En fin. Viva España. E vivan tamén os servidores fieis da mesma. E só espero que os valores e os principios patrios non vos acaben levando por diante. Manel I. Nanín. O Carballiño.

Taylor Swift, letras simplonas

Oíndo as letras simplonas e nada orixinais de Taylor Swift, que pouco teñen de poesía e menos de literatura, resúltame inaudito que se poida facer algún tipo de comparación con Bob Dylan. O Nobel de Literatura é para os verdadeiros poetas. E nin en cen anos chegará ao nivel artístico de Peter Gabriel. Ten unha bonita voz, pero iso non é suficiente para considerarse artista. Penso que pode desvanecerse como artista antes do que se pensa. Os artistas de masas rara vez teñen calidade. E se necesita ser tan mediática para chegar ao público, é un mal síntoma. Un verdadeiro artista non necesita facer tanto ruído nin atraer ao populacho coma se dun rabaño se tratase. O mesmo pasa cos best seller. Xoán Francisco Pérez Argibay. Santiago.

La vergüenza de la autovía A-6

Recientemente he realizado un viaje en coche A Coruña-La Bañeza y he podido comprobar el lamentable estado de la A-6, una vía de acceso primordial para Galicia. Compadezco a los conductores que tengan que utilizarla asiduamente porque el sufrimiento de vehículos y usuarios es extraordinario, es una autovía auténticamente tercermundista. Un deterioro que demuestra el abandono de años del Gobierno central para con Galicia. Un viaje del ministro de Transportes en coche hasta A Coruña podría ser un acicate para su urgente reparación. J. A. López. A Coruña.