«Acampada en Historia: están cómodos baixo os teitos da facultade centenaria»

OPINIÓN

XOAN A. SOLER

31 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A lei dos fortes

Dende pequena ensináronme que o motivo das protestas estaba no sacrificio. Alguén protestaba, pasaba penurias, por unha sorte de «ben común». Unha protesta é traballar e pagar o prezo por algo máis grande ca un mesmo. Esta ensinanza, porén, é algo que lles debe quedar moi lonxe aos alumnos e alumnas que decidiron tomar recentemente a facultade de Xeografía e Historia de Santiago. Baixo o pretexto da actual masacre en Gaza, unha parte do alumnado, en imitación dos estudantes americanos, decidiu ocupar os espazos da universidade. Mais, ao contrario ca os estadounidenses, a asemblea non atopou épica ningunha. Non foron recibidos con gases lacrimóxenos, nin con porras... nin coa máis mínima resistencia. Ata hai unha carta do seu decano que os apoia. Están, porén, cómodos baixo os teitos da facultade centenaria. Decidiron protestar alí e non na praza do Obradoiro, ao frío da noite santiaguesa; tampouco na sede do consistorio compostelán, xa que a Policía lles quedaría demasiado preto. Esta asemblea, que non permite a entrada a xornalistas nin deixa compartir o contido das súas decisións, que non permite o disenso no seu seo, calando calquera debate que contradiga aos cabezas desta cousa, apoderouse dos lugares de exames e docencia duns alumnos que ven perturbado o seu dereito a recibir o ensino polo que están matriculados. Pediron un punto lila dentro dos seus dominios, foilles concedido; esixiron que a USC rachase os convenios con entidades israelís, foilles concedido; agora esixen «lugares de relaxación» con sofás para eliminar a tensión e ter un sono plácido, supoño que lles será tamén concedido. Unha pregúntase non pola lexitimidade da protesta, que é evidente, senón pola saúde dunha universidade que antepón os dereitos dos ocupantes á forza por riba dos dereitos do seu propio alumnado e profesorado. Morgana Suárez.

La «swiftie» más contaminante

Está muy bien que Taylor Swift sensibilice a los swifties, como así llama a sus fans, sobre la importancia del cambio climático, la sostenibilidad y la contaminación… Pero ¿no es contradictorio que el pasado año solo su jet privado emitió 8.300 toneladas de CO2? La cantante viaja a todos lados en avión, ¡incluso hace trayectos de 30 minutos! Como diría su propia canción: «¡Soy yo, hola, soy el problema, soy yo!». Joel Sevilla Salas. Palafolls (Barcelona).