«Gordos: temos menos credibilidade cando acudimos a unha consulta médica?»

OPINIÓN

CAPOTILLO

21 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Diagnóstico prexuizoso?

Cando saín da consulta dinme conta de que non lembraba a súa cara, de que se o vía fóra non ía ser capaz de recoñecelo e de que non sabía nin o seu nome. Tamén me din conta de que o que eu lle ía contando («levo máis dun mes cun forte catarro que non cura», «sinto unha opresión no peito, como que non podo respirar», «estou moi cansa») só obtivo algunha frase cortante do tipo «estamos no tempo dos catarros» e a pregunta que, sóubeno nese mesmo momento, xa definía o meu diagnóstico: «Canto pesa?». Si. Son muller menopáusica con sobrepeso e creo que iso foi o único que o médico viu, aínda que tivo a deferencia de auscultarme e de dicirme que o que oía era correcto. Non me preguntou que tipo de vida facía. Só me dixo: «Coma menos, ande máis e se lle doe algo, tome un paracetamol». Eu tiña o mesmo peso hai un mes que agora, pero hai un mes non tiña ningún dos síntomas que lle describín, por iso fun á consulta. Sei que os médicos están na obriga de recordarnos algo que os gordos sabemos ben: que hai que adelgazar e que para adelgazar hai que controlar a comida e facer exercicio. Pero tamén sabemos que, aínda poñendo moito esforzo pola nosa parte, non sempre obtemos os resultados esperados. Danos iso menos credibilidade cando acudimos a unha consulta médica? Parece que si. Algo haberá que cambiar nos ollos con que nos miran algúns (sei que non son todos) profesionais da sanidade, non si? Carmen P. Bergondo.

El PP, Milei y los muy patriotas

La enorme metedura de pata de Óscar Puente con Milei fue seguida por una salva de peticiones de dimisión por parte de PP y de Vox. Sin embargo, estos patriotas no ven mal que el presidente de Argentina venga a España a insultar a nuestro presidente del Gobierno y a la institución que representa. ¿Patriotas? ¡Ja! Miguel Fernández-Palacios Gordon. Madrid.