«Por vontade do ministerio, un xulgado saturado de traballo estará cinco meses sen letrados da Administración de xustiza»

OPINIÓN

16 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Xulgados: esta vez os responsábeis son outros

Con ocasión da folga que os letrados da Administración de xustiza (LAX) secundamos o ano pasado, o ministerio foi capaz de negar o enorme seguimento e, ao mesmo tempo, acusarnos de graves prexuízos ao servizo público de xustiza. O, naquela altura, secretario de Estado de Xustiza non deixou de nos enfrontar a cidadáns («os máis prexudicados pola folga», consonte as súas declaracións) e ao resto dos traballadores, públicos e privados, da Administración de xustiza.

Sen nós, e fose o que fose o seguimento, a Administración de xustiza ficou parada porque somos imprescindíbeis —non máis que ninguén pero tampouco menos que calquera— para o funcionamento normal dos xulgados e tribunais. Unha das causas que motivou a mobilización foi a regulación dun sistema de substitucións que garantira que, no caso de vacantes ou baixas dun letrado da Administración, o posto quedase cuberto e non se nos obrigase a levar dúas oficinas, facendo dobremente inasumible o noso traballo ordinario. O ministerio comprometeuse a regular as substitucións para solucionar este problema dos cidadáns, avogados, procuradores, traballadores sociais, fiscais e xuíces, pero após un ano non fixo nada e seguimos igual.

O pasado 20 de abril quedou baleiro o posto do LAX do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña. Se as cousas suceden como adoitan, esa praza non se volverá ocupar até mediados do mes de setembro, pero o Ministerio de Xustiza, no canto de nomear un LAX substituto, decidiu adxudicala por quendas de dúas semanas aos LAX do resto dos xulgados civís da Coruña: durante quince días, o ministerio quere que atendamos o dobre de traballo.

O curioso é que o 1 de abril comezou funcionar un novo xulgado de primeira instancia que o ministerio creou «pola importante carga de traballo destes xulgados na Coruña», e que na comisión mixta Xunta-TSXG do día 4 de maio solicitaron a creación doutro novo para A Coruña. Fan falla máis xulgados polo aumento do traballo pero sobramos os LAX?

Por vontade do ministerio, un xulgado saturado de traballo estará cinco meses sen LAX (lembren que a folga durou só tres meses) e iso terá consecuencias, como ben dicía o secretario de Estado no 2024, para os cidadáns, os máis prexudicados, e profesionais. Pero esta vez os responsábeis son outros. Rodrigo Osorio Guerrero. A Coruña.

Quiero más

Quiero más y mejores empleos, quiero más sueldos con los que se puedan hacer frente a los incrementos de la comida, quiero más y mejor educación, quiero más derechos (aunque esto solo signifique que se equiparen a los que otras personas ya tienen) y quiero más fiabilidad en la Administración. ¿Es mucho pedir? Marisa García. Lugo.