Ai, as herdanzas

OPINIÓN

La monfortina Cristina Rodríguez dejó dicho que quería donar parte de su herencia a la investigación contra el cáncer y a la asociación que dirige el padre Ángel
La monfortina Cristina Rodríguez dejó dicho que quería donar parte de su herencia a la investigación contra el cáncer y a la asociación que dirige el padre Ángel CEDIDA

05 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Na mentalidade clásica e conservadora das familias de clase media habita con solemnidade a idea de aforrar e gardar para axudar ao porvir dos herdeiros. Moitas veces non se goza do presente pensando no futuro. É habitual este proceder naqueles que naceron no seo de familias humildes, pois aínda resoan na súa mente os ecos de tempos complicados e difíciles e... por suposto non desexan nada similar para a prole.

A este xeito de proceder adoita ir asociado outro concepto: canto máis se lles deixe na herdanza, mellor. Deberiamos poñer en dúbida esta afirmación pois, ás veces, é peor. O motivo é a avaricia, tan perigosa. Cantos estragos nas familias provocan os cartos... sen decatarnos de que a maior herdanza é, sen dúbida, o patrimonio inmaterial. Cristina Rodríguez non tiña fillos, nin familia moi próxima, pero si herdanza. Tomou unha decisión moi sabia. Repartiu os seus bens de tal xeito que a todos nos chegase un pouco. Doou parte dos aforros para a ciencia, cos que agora se axuda a financiar unha investigación no cancro. Paréceme unha marabillosa decisión. Cristina xa non está con nós, pero deixounos para sempre parte do seu sorriso, que vai repartindo e contaxiando a través da súa axuda aos estudos científicos. Grazas, Cristina. Estou convencida que, dun ou doutro xeito, serás consciente da importante achega que fas ao mundo. A túa non é só unha herdanza material, tamén transcende ao plano inmaterial, ese que perdura alén do presente.