
¿Y cuándo las aldeas no tienen médico?
Es muy difícil prestar atención médica y sanitaria a aldeas y pueblos aislados que existen no solo en Galicia sino también en otros puntos del país, dado que no es posible poner a profesionales para atender a un número muy pequeño de personas. Sería un gasto insoportable y muy difícil encontrar profesionales que se adaptasen a ese sistema. Una posible solución sería la de utilizar vehículos medicalizados que con un equipo de médicos y enfermeros se podrían dedicar a visitar este tipo de poblaciones, estableciendo rutas y horarios para poder atender a todas las personas que viven aisladas y con no demasiados recursos. Creo que sería una solución factible y que tampoco representaría un gasto desproporcionado. José A. Novo.
Eólicos sí, pero non así
Galicia arrinca o ano como líder nacional en enerxías renovables. Un fito, se non tivese unha indesexable cara B: a da despoboación e a perda de diversidade que acompaña aos parques eólicos. Cando se promociona a súa instalación, só se venden os efectos externos positivos. Para os que descoñecen este termo, trátase dunha especie de efectos secundarios non buscados pola empresa que explota o recurso (o vento que sopra no monte), pero que aparecen ineludiblemente, e convértense en custos sociais. Aos galegos pouco nos cunde ser líderes en enerxía renovable. Non vexo que teñamos vantaxes derivadas desta cuestión, comparando cos usuarios da comunidade madrileña, por exemplo, na que tamén sopra o vento, pero non sofren o zoar das aspas dos muíños, día e noite; ademais de ingresar nas súas arcas os impostos sobre beneficios das empresas eólicas. A empresa engorda a súa conta de resultados e os concellos afectados sofren a inexorable perda de poboación que os condena á desaparición. Coa promesa de que o parque eólico xera emprego e riqueza (efectos externos positivos), o que atopamos é unha estampa de difícil lectura: aldeas baleiras, vilas que van esmorecendo, veigas abandonadas, perda de biodiversidade, de patrimonio natural e arqueolóxico, e un longo etcétera (efectos externos negativos). É responsabilidade da Xunta confeccionar o balance social, e defender os intereses dos seus cidadáns. Carmen Vallejo Pérez. Redondela.