«Tribunal de oposicións: un mes de traballo e aínda non percibimos un só euro»

OPINIÓN

Demoras inexplicables
Son un profesor de ensino secundario dende hai máis de vinte anos. No verán pasado, meses de xuño e xullo, participei por primeira vez no proceso de oposicións da Consellería de Educación como membro dun tribunal. Dende que tivemos a primeira xuntanza ata que rematamos con toda a papelame pasou algo máis dun mes con actividade durante boa parte dos días da semana, xornadas, nalgúns casos, de máis de doce horas, e mesmo probas en sábados e domingos. Todo ese traballo «extra» é remunerado a través de varios conceptos: quilometraxe, gastos na peaxe da autoestrada (se for preciso o seu emprego), gastos de aloxamento, dietas diarias... gastos que os membros do tribunal adiantamos dos nosos petos, e dos que xa se sabe a contía exacta cando se pecha todo o procedemento, é dicir, polo 20 de xullo.
Suponse que cando se convoca unha oferta pública de emprego, do tipo que sexa, todos eses custos xa están orzamentados. Pois ben, agora van as miñas preguntas: como se explica que máis de seis meses despois de que rematásemos ese proceso aínda non percibísemos un só euro do que nos corresponde? Como se entende que ninguén da Administración se puxese en contacto con nós para ofrecernos unhas mínimas explicacións? Quen andou xogando cos nosos cartos ao longo destes 200 días?
É este o modelo de xestión exemplar e cumpridora do que presumen os gobernantes autonómicos e o aspirante ao Goberno do Estado. Xabier Campos Villar.
Feminismo de riesgo
Esperando por mi hija en el coche se presenta una señora y me informa de que soy un maleducado, ante lo cual le pregunto en qué se basa, y me responde que no le había movido el coche para que ella pudiera aparcar detrás. Le contesté que no la había visto y que, en cualquier caso, no sería mi problema si no sabía aparcar donde sobraba sitio, ante lo cual la retahíla de despropósitos que me soltó no son transcribibles en este espacio.
Me pregunto si la defensa extrema del feminismo conlleva el riesgo de que algunas mujeres se acojan al todo vale amparadas por tan noble causa, pues estoy seguro de que si yo hubiera respondido en los mismos términos y altivez tardaría muy poco en presentarse una patrulla a pedirme explicaciones sobre mi comportamiento machista, posible traslado a dependencias policiales y charla asesorativa a tan educada dama sobre si deseaba presentar cargos contra mí. Creo que las causas pierden su razón de ser cuando el ser que las defiende carece de ella. Luis Cabaneiro Santomé. Lugo.