Cita previa e ansiedade

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

Sandra Alonso

04 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Á Administración esíxelle que ofreza traballos de calidade. Esta cuestión inclúe honorarios xustos, pagados en tempo, e un traballo organizado, acorde á formación e racionalizado. Non imaxino que fose doutro xeito.

Neste mesmo sentido é no que basean a obriga da cita previa. Téñena como ferramenta que evita tensións e estrés nos picos de demanda dos servizos. Entendo que a cita previa nos organiza a todos, pero tamén fai perder activos e eficiencia humana. Que pasa se as tarefas se rematan antes do tempo previsto? Cruzan os brazos? Non poden atender máis xente?

Descoñezo se hai traballadores que o fagan, seguramente si, pero as experiencias persoais non me levan a iso. Lembro achegarme a unha oficina municipal sen solicitar cita previa por descoñecemento da súa necesidade. Había dous portelos de atención ao público. Ninguén demandando servizo nin esperando quenda. Uns metros antes, nunha mesa, un cartel enorme que prohibía o avance a partir desa liña e a necesidade de levar cita previa. Detrás dun dos portelos, unha persoa, confirmando a necesidade do devandito trámite.

Chamo por teléfono para solicitar a cita previa, se é posible, para a xestión, vendo que non hai estrés no lugar. Pero a operadora que me atende di que xa non é posible solicitar cita previa para o propio día. Consecuencia: trasladáronme o estrés. Isto é o que produce este sistema: encher de nervios á sociedade. Ten que haber unha solución intermedia. Non digo eliminar a cita previa, pero... e os servizos mínimos?