
Érase unha vez, nun pobo chamado Baleira
Podería empezar coma un bonito conto: «Érase unha vez, nun pobo de Lugo chamado Baleira, onde vivía unha nena…». Pero, a realidade é outra ben distinta a un conto infantil, agás polo infantil. A historia é a dunha nena que sofre abuso sexual continuado e violacións sistemáticas na súa casa, que chega mesmo a enxendrar e parir, que vai á escola, ao instituto, e que desde os sete anos ata que interveñen os servizos sociais soporta unha tortura no seu entorno familiar. Ninguén sospeitou nada. O resultado é unha vida destrozada, tres malnacidos que son penados con tres anos de prisión e unha sanción irrisoria. Baleiro, como adxectivo, significa que non contén nada. Baleiras de xustiza estamos as mulleres, baleiras de protección as nenas, baleiras de igualdade, baleiras de amparo. Cheas de indignación, cheas de aturar inxustizas, cheas de ser explotadas, cheas de ser sometidas, cheas de agresións, cheas de non ser cridas. As mulleres temos unha enchenta de carraxe, porque a vítima é unha nena, por ser nena. O día 2 de febreiro, o Foro Feminista de Lugo estará diante da Audiencia Provincial, porque é un escándalo xudicial, porque o silencio é cómplice, porque hai impunidade, porque as nenas están desprotexidas, porque a violencia machista é dun nivel insoportábel. Fátima Pérez Calderón. Foro Feminista de Lugo.
La eterna espera en la sanidad pública
Hace unos días escuché en los medios de comunicación que se va a ampliar el cribado del cáncer de mama, atendiendo a mujeres de 45 a 75 años. Que la detección precoz sea usada como herramienta para mejorar la salud del colectivo femenino es una buena noticia, pero si eres usuaria de la Unidad de Mama del hospital Abente y Lago de A Coruña, sabes que hay sombras en lo anunciado por el Gobierno autonómico. Tengo que frecuentar este servicio al menos una vez al año para hacer mamografía y resonancia. Llevo esperando 22 meses por una cita telefónica donde me pautarían las pruebas correspondientes al 2022, pero la saturación del servicio (el personal es maravilloso) hace que se sobrepasen sobradamente los tiempos, con lo que la detección precoz puede no ser tal. Así que me cuesta mucho imaginar cómo se va a cumplir el plazo de revisiones con más mujeres para atender. En el papel todo queda muy bonito. ¡Políticos de Galicia, dejen de vendernos cuentos de hadas en año electoral y salven el barco sanitario! M. C. R. A Coruña.