Teño o corazón encollido cando o meu neno colle o bus 

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

PACO RODRÍGUEZ

08 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

 Cando o neno colle o autobús, teño medo

«Veña, que perdemos o autobús!». Así comezan as mañás na miña casa de luns a venres, esporeando os meus fillos. Unha frase que resoa en moitas casas entre nenos e nenas con lagañas. A diferenza é que, este curso, moitas familias estamos deixándoos na parada do autobús co corazón encollido, porque non sabemos como nin cando chegarán ao cole. Son presidenta da ANPA do CPI de Vedra e podo asegurar que desde a chegada das liñas integradas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, o deterioro do servizo é gravísimo. En teoría viñan para mellorar o servizo de transporte no medio rural, pero o que vemos é que perdeu o transporte escolar. A concesionaria desta liñas, no noso caso o lote de Sur de Santiago, non ten a capacidade para cumprir co comprometido.

Preocúpanos a puntualidade, obviamente. Que por sistema, os primeiros dez minutos de clase se perdan porque dúas liñas chegan tarde acotío (cando non son 30 ou 40), é inadmisible. Pero o que realmente nos angustia é a seguridade. Imaxina o que sentimos cando a nosa filla sobe ao autobús e o condutor ten que baixar e abandonar o vehículo para empurrar a porta por fóra porque o mecanismo non funciona. Pedímoslle ao noso rapaz que cando sente, se o cinto non funciona, busque outro asento no que si que funcione. Que máis non funcionará? Atrasos de máis de media hora que se xustifican por un rosario de avarías: en que condicións está o parque móbil da empresa? Que antes viaxaramos sen cintos non implica que agora o debamos permitir. Antes pasaban moitas cousas que hoxe son inadmisibles. A ninguén se lle ocorre levar un cativo sen un asento adaptado e homologado, non? Pois iso. No que levamos de curso tivemos autobuses sen cintos, nos que chovía, sen ringleiras enteiras de asentos, que non pechan a porta, co parabrisas fendido, sen panel de seguridade para o condutor... Incluso houbo días en que non tivemos autobús. A empresa presentou unha solvencia que, tras un mes de clases, demostrouse falsa. En calquera traballo non nos admitirían con tanta xenerosidade que non cumpriramos. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está tardando en tomar medidas para garantir a seguridade dos nosos fillos e fillas. Non sei cales, eu só son unha nai. Pero antes deste curso, o transporte escolar funcionaba ben e tiñamos confianza nel, e imaxino que habería outras empresas que se presentaran para prestar este servizo.

As familias queremos recuperar a seguridade no transporte escolar. Porque se non, a ameaza de que perdemos o autobús será real e definitivaa. Eliana Martíns Alvela. Vedra.

 

 ¿Trenes gratuitos para todos?

Soy un mujer de 70 años y me encuentro en plena forma. Bueno, quizás no tanto, porque en cuanto necesité viajar en tren, el pescado estaba todo vendido. Y es que en este país cuando algo es gratis, todos nos acercamos a ese pastel como si fuésemos moscas; luego, ya veremos si realmente necesito el servicio, pero en principio lo tenemos amarrado «por si acaso». Es curioso observar cómo en la ventanilla de la estación cuelga el cartel de no hay billetes y por el rabillo del ojo comprobar atónita como en el andén el tren que imaginas lleno hasta las trancas pasa a la mitad de su capacidad. Y ya es la bomba cuando en las páginas de este diario leo recientemente que en algunas plataformas y agencias de billetes online sí se pueden conseguir esos ansiados billetes, previo pago, como no, de la correspondiente suma. Como usuaria del tren, muchas veces por estricta necesidad, me veo impotente e indignada cuando en la ventanilla te dicen que no quedan billetes a semanas vista en ninguna de las fechas solicitadas y la única alternativa que te ofrecen es que cubra una hoja de reclamaciones. H. María García. Santiago.

  La Goleta

Hoy (por ayer) cierra en Pontedeume La Goleta. Hoy extrema su sístole el corazón de un pescador agradecido. Os aseguro, queridos Gerardo, Emilio, Paz, Loló y ambos David, tocayos también en calidad profesional y humana, que seguiré doblando cada día esa curva, vuestra curva, creyendo aún sentir el poderoso y gris impulso de las hélices que tanto me ayudaron a avanzar. Rafael Lago Santamaría. Pontedeume.