Os amores de Tamara

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

Sáshenka Gutiérrez | EFE

04 oct 2022 . Actualizado a las 12:01 h.

É imposible non saber da sobresaltada vida amorosa de Tamara Falcó nos últimos tempos. A calquera hora do día, ou da noite, agroman os comentarios sobre a fugacidade do seu compromiso e os motivos, razóns e conclusións da súa actitude.

Tamara leva toda a vida baixo os focos dos medios de comunicación. Son, sen dúbida, a súa maior fonte de ingresos. Podo entender, polo tanto, o interese que suscita nos mesmos calquera cousa que faga, máis se é chamativa e dá tanto xogo como anunciar un compromiso de voda e logo anulalo ás poucas horas.

Parece que agora toda vida se entende e resolve mediante as redes sociais e os titulares ou cancelos que elas ofrecen. O dela vai camiño de converterse en #todossomostamara, ou #todossomostami, que de tanto opinar sobre a súa vida xa temos confianza.