«Indignación: maiores de 85 dende A Fonsagrada ao HULA para vacinarse»

OPINIÓN

Carlos Castro

02 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende A Fonsagrada ao HULA para a vacina

Indignación é o que sentimos a xente da Fonsagrada cando vemos que se chama aos nosos maiores para vacinarse no HULA! Xente que ata agora recibía as vacinas no centro de saúde da vila, resulta que agora non vai recibir alí nin a da gripe.

Son conscientes dende a Consellería de Sanidade do que isto significa? Saben o que significa para moitos dos nosos maiores de 85 anos desprazarse 70 ou 80 quilómetros en taxi para ir a Lugo? Só a nivel económico, saben o que significa iso para unha pensión mensual de 700 euros? E non queda aí a cousa: desprazarse polo propio hospital, facer as correspondentes colas, etcétera. Pero é que non coñecen persoas desa idade? E tan grande a falta de sensibilidade que non son conscientes das dificultades que poden ter? Está claro que non, porque ata se chega ao estremo de citar a persoas que conviven no mesmo domicilio en días diferentes!

Iso sen falar da cantidade de persoas maiores de 85 anos en situación de dependencia. Suponse que xa botan contas de que alguén, coidador ou familiar, as acompañará, faltando ao seu traballo.

Que custo económico ten isto? É inferior ao custo de mandar un equipo vacinar á Fonsagrada durante uns días? Hai que ter moita falta de sensibilidade para afirmar iso.

Señores da Consellería de Sanidade, dígolles de onde sacar o diñeiro para pagar a eses equipos: aforren en anuncios na TVG, pagados con diñeiro público, facendo publicidade do ben que funciona o Sergas. Laura Fernández.

Estación de tren de A Rúa: falta seguridad

En la estación de tren de A Rúa no hay vigilancia ninguna, siempre hay cosas rotas. Falta seguridad, vienen de vez en cuando, pero todo sigue igual. Por otra parte, soy viajero del tren de largo recorrido (y media distancia) León-Ourense-Vigo y siempre hay retrasos. Avelino Barros.

El último castaño

Ayer por la noche desapareció el único ejemplar de castaño de más de cuarenta años que todavía sobrevivía en la plaza Elíptica de Vigo. Se están realizando las obras de humanización que traerán como resultado superficie de granito, bancos de cemento sin respaldos, pérgolas sin vegetación y algunos arbustos y arbolillos. Priorizan el ahorro mínimo de no desviar dos metros una tubería a la existencia de un frondoso árbol que no pedía más que agua de lluvia, no estorbaba y nos ofrecía oxígeno, sombra y aves en su entorno. Jorge Cabezón.