«Madrid-A Coruña en tren: non hai billetes en tres fins de semana»

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

CESAR TOIMIL

07 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Renfe lévase mal con Galicia

Se alguén que por motivos laborais debe estar en Madrid este mes de xullo, e desexa volver á Coruña en tren as fins de semana, esta persoa vaise sorprender cando vexa que non hai billetes dispoñibles para as tres seguintes fins de semana.

Paréceme inexplicable como Renfe non aumenta frecuencias ou duplica as composicións dos trens en venres e domingo, ante o aumento da demanda. Nos trens a Barcelona, Valencia, Sevilla e Valladolid si que o fai. Renfe é unha empresa pública e como tal debe servir ao interese xeral, e non preocuparse unicamente dos corredores con máis tráfico.

Ademais, os prezos dos trens a Galicia son notablemente máis elevados que os doutros corredores nos que hai competencia. Por iso deberían esixirse servizos low cost para cando cheguen os trens. Debería ser unha obriga para compensar os atrasos na chegada do AVE a Galicia e a decisión política de construír a alta velocidade galega en ancho ibérico, para aforrar o mantemento das vías antigas. Xián Castro. Madrid.