Agresión a un anciano

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

MARCOS MÍGUEZ

28 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Le dio una bofetada y lo tiró al suelo. No pasó nada

En la mañana del pasado día 9 de, un vecino del barrio de Lonzas en A Coruña de más de 80 años fue víctima de una agresión por parte de un indigente que mal vive desde hace más de dos años en un recoveco de lo que en su día fue puerta de entrada a una nave abandonada en la Avenida del Ferrocarril. A eso de las 11 de la mañana, al cruzarse en esta misma vía, víctima y agresor, este sin mediar palabra le propinó un manotazo en la cara provocando la caída del anciano impactando con el pavimento y produciéndose lesiones en un brazo y magulladuras en todo el cuerpo. Dos jóvenes socorrieron al herido, llamaron a la policía, la que se personó en el lugar inmediatamente aportándole también todo su apoyo. Hasta aquí todo perfecto. Lo curioso es que el agresor regresó «tranquilamente a su aposento» y, por lo que parece, no ha sido interpelado por las autoridades. Aquí surge la preocupación. Belarmino Cernadas Mato. A Coruña.

 Central térmica: todas as horas deixan feridas, a derradeira mata

Algúns empresarios da comarca de Ferrolterra veñen de solicitar o mantemento da central térmica de As Pontes, a de maior potencia instalada do Estado español, para garantir o subministro de electricidade, e se fose necesario esixen que se nacionalice, argumentando o seu carácter estratéxico. É certo que Alemaña, Australia, Polonia, Italia, Holanda e Grecia atópanse entre os primeiros estados europeos en reabrir plantas ou tomar medidas para apoiar a enerxía producida con carbón. Pois o crecemento da demanda eléctrica ameaza con comerse o ritmo da oferta. A transición do modo de produción non existe e polo tanto o cualificativo de xusta foi, é, unha argallada.

O mantemento co que viñamos producindo para Enel-Endesa non é unha alternativa pois queren aproveitar a decisión de pechar para lograr un troco na decisión política. A falla de previsión é total tanto polo Goberno do Estado como da propiedade da central térmica. Endesa ten obediencia debida aos seus propietarios italianos e non aos intereses xerais, ou sexa, Enel quere pechar e Endesa cala, por se acaso. Namentres, a Xunta se conforma coa cheminea e o Goberno do PSOE segue a dar paos de cego.

No actual escenario, dunha total incerteza sobre os prezos futuros da enerxía e, o que aínda é máis grave, da garantía de subministro, o correcto sería obrigar a Enel-Endesa a manter, por pura precaución, os grupos da central térmica das Pontes en perfecto estado operativo, facendo os investimentos precisos, co seu cadro de persoal completo, propio e auxiliar, e co stock que se poda almacenar no parque de carbóns. Non tanto para funcionar a marcha normal, senón por pura cautela, non facelo nestes momentos é un acto de irresponsabilidade política do PSOE por activa e do alcalde das Pontes por pasiva. Pese a todo o exposto e aínda que, todas as horas deixan feridas, a derradeira mata, debemos loitar para que non pechen a central das Pontes. Fermín Paz. Ferrol.

Traxedia

O asalto masivo ao valo de Melilla na madrugada do venres 24 de xuño, cun gran número de mortos (37, segundo as ONG) e decenas de feridos, lémbranos o lonxe que está a solución dun problema que segue a sepultar milleiros de soños. A migración subsahariana, que foxe da miseria, da violencia, da persecución e da guerra, busca en Europa un futuro mellor. Pero no seu camiño atopa escasas mans amigas. Pola contra, as mafias que os explotan; as leis antiinmigración; a violencia; o odio de moitos, son obstáculos xeralmente insalvables que os conducen directamente á morte. Felicitar á policía marroquí pola súa actuación que desencadeou a traxedia, está nas antípodas do que debe ser unha procura racional da solución dese gravísimo problema. Son precisas medidas, consensuadas por todos os países membros da UE, que actúen na raíz do problema: nos países de orixe. Non é doado. Pero o control de fronteiras e a xestión dos movementos migratorios, nunca pasarán por medidas coercitivas e o emprego da violencia. Non só as mafias son responsables. Manolo Romasanta Touza