Memorias permanentes

Cristina Pato
Cristina Pato A ARTE DA INQUEDANZA

OPINIÓN

MONICA IRAGO

17 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Estes días matinaba na idea de que todo o que fagamos en público hoxe en día, por moi efémero que o supoñamos, ten a posibilidade de ser permanente. Aínda que tamén é probable que a nosa vida privada xa estea nalgunha base de datos nalgún lugar do mundo, pois eses aparatiños aos que lle dedicamos unha boa parte da nosa existencia (os móbiles) están a recompilar datos sobre o que facemos cando ninguén nos ve en tódolos momentos do día. Pensaba na diferenza entre hoxe e hai un par de décadas, e no que significa aprender a vivir coa idea de que nas redes xa habita algunha versión de nós, aínda que non queiramos.

Tamén reflexionaba sobre a vida nunha pequena cidade, sobre o difícil que é, ás veces, deixar de ser quen fuches para poder ser o que serás. Pois nos círculos pequenos non sempre é posible desfacerse da imaxe do pasado para poder construír, desde o presente, o futuro. Hai persoas que prefiren marchar do seu ambiente para ser capaces de atoparse a si mesmas, e hai outras que intentan reconstruírse no mesmo lugar no que se criaron. Pero non sempre é doado evolucionar cando todo o que existe arredor de un é un recordatorio do que xa non queres ser.

E é aí onde me quedei, no concepto de que as redes dixitais de hoxe teñen a capacidade de perpetuar o pasado pero quizais tamén de limitar o futuro. E ao igual que pasa nas pequenas aldeas, non sempre se pode fuxir do que un foi para ser o que un quere ser. E por iso non paro de preguntarme que significarán para o futuro esas memorias permanentes que gardan todo sobre nós, cales delas quedarán perpetuadas, e cales se diluirán no río do esquecemento. Que tipo de relato construirán sobre a existencia...