Forza Dépor!

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

11 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Ante os fans deportivistas

Poucos clubs son quen de reflectir tan atinadamente os sonos e os pesadelos dos deportivistas cando deciden esquecerse dos problemas cotiáns, como o Deportivo. Malia que a relación entre ambos sufriu momentos de decepción, cabreo e ata distanciamento, o caso é que o nome do Deportivo sobrevive sempre non só na memoria sentimental dos seareiros, senón moi directamente na vida da cidade pola súa capacidade para deixar momentos que romperon todas as previsións. Os deportivistas nunca abandonaron o equipo e aínda agora que deambula pola terceira categoría perseguindo acceder ao fútbol profesional ou, quen sabe, a ilusión por retornar a aquela etapa inesquecíbel do Superdépor, conta con milleiros de persoas comprometidas e nas que en todas late un desexo, máis ou menos explícito, de que o Deportivo abandone o seu calvario. Quedan poucas horas para un partido decisivo fronte ao Albacete. A presión non pode superar os xogadores. Non poden fallar e non van fallar. O balbordo das gradas ten que facelos máis seguros da vitoria. Nada máis revelador das ganas que se advirten en toda a cidade que as faixas penduradas das xanelas porque saben que ten que ser agora ou nunca. Non se pode agardar outro ano. O partido fronte ao Albacete ten que significar o final dun capítulo e o preámbulo do novo Deportivo. Forza Dépor! Ricardo Vales. A Coruña.

 Obras modernas

Galicia está perseguida pola incomunicación! Xa non a tiñamos moi boa e aínda por riba cáennos as pontes. Agora tócalles dar voltas polo Cebreiro ós que veñan ou vaian cara a Madrid. Detrás do verán vén o inverno e vai ser problemática a circulación pola zona debido ao inevitable desvío co mal tempo. Hai moita xente que viaxa por esa estrada. E agora a quen se pedirán (se piden) responsabilidades? Haberá unha solución segura, satisfactoria e canto antes deste problema? Como é posible que se conserven pontes romanas con máis de 2.000 anos e que caian coma naipes as construídas hai 20 anos contando coa tecnoloxía e os adiantos actuais? Tan mal traballan agora os responsables das obras públicas? O delegado do Goberno en Galicia di que «o desvío será prolongado no tempo», o que se traducirá en a saber cantos anos... Amola dicir o seguinte, pero é preciso: Se caera este viaduto en Cataluña ou no País Vasco, o comentario sería que «a solución vai para largo»? Ou acudiría o presidente Sánchez rápido e veloz para aloumiñar ós respectivos antes de que se lle rebotaran? Galicia, con mala comunicación, prolongada no tempo, dende sempre. Ata cando? M. J. Vilasuso. As Pontes.

 Rafael Nadal habla en inglés

Quizás porque prefiero hacer ejercicio físico, más que ver deporte en televisión, me fijo también en otros detalles. Me explico: si Rafael Nadal es, sin lugar a dudas, un gran deportista español; si la lengua castellana ha sido para él muy relevante en los años en que tiene sentido hablar de lengua materna; si acaba de ganar un torneo de enorme categoría en Francia, habrá motivos poderosos para que el idioma en que fundamentalmente se expresó después de recibir el trofeo fuese el inglés. ¿Seguro, seguro, muy poderosos? Manuel Ángel Fernández. Alcalá de Henares.