Galicia, referente en bibliotecas escolares

antonio leonardo pastor PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE DIRECTORES DE COLEXIOS PÚBLICOS DE A CORUÑA E DIRECTOR DO CEIP CURROS ENRÍQUEZ DE A CORUÑA

OPINIÓN

Miguel souto

30 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

As bibliotecas escolares están tomando unha especial relevancia no mundo do ensino. Ocupan un rol fundamental na escola, ata tal punto, que moitas das actividades que un centro propón ten a orixe na biblioteca. Fai anos, as bibliotecas limitábanse e ser espazos máis ou menos amplos, cheos de mobles e libros. 

Hoxe en día, este concepto mudou enormemente, pasando a ser uns espazos máis agradables, que favorecen notablemente a adquisición do hábito e interese pola lectura, lugares inclusivos nos que todo o alumnado encontra o seu sitio. As bibliotecas escolares contribúen, entre outros factores, ao enriquecemento cultural, ao apoio nos estudos, á mellora da linguaxe do alumno, ao desenrolo da capacidade de concentración, da memoria, un lugar onde encontrar recursos para a aprendizaxe, ou a estimulación da imaxinación.

A lectura é, sen dúbida, o punto de partida que ensinará ao alumnado o camiño do éxito. É importantísimo o fomento do hábito e pracer pola lectura na etapa da educación primaria e infantil. Isto soubo entender moi ben a nosa Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O seu plan de mellora das bibliotecas escolares é modelo para o resto das comunidades autónomas do territorio nacional dende hai xa varios anos.

Corren tempos para o ensino dunha certa incertidume a nivel estatal, con noticias como que agora na ESO non hai unha limitación de suspensos para repetir curso, grande erro.

Certamente, os mestres estamos diante dun complicado escenario. Polo que, ler noticias como que o plan Lía de bibliotecas escolares 2025 da Xunta de Galicia ten un investimento de 17 millóns de euros, incrementándose nun 20 % ao anterior, é sen dúbida unha grande nova. Pudendo afirmar, un ano máis, que Galicia sigue sendo un referente na xestión das bibliotecas escolares a nivel estatal.