«As 120.000 persoas de Ferrolterra non merecen o mesmo trato que as de Compostela?»

Cartas al director
Cartas al director CARTASALDIRECTOR

OPINIÓN

JOSE PARDO

27 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O tren Ferrol-A Coruña

Somos o alumnado de 6.º de primaria do CEIP Plurilingüe Eladia Mariño e hai dous días fomos en tren á Coruña desde a estación de Cabanas. Saímos ás 8.58 horas e volvemos ás 18.18. Que dicir da excursión! Xenial a viaxe en tren, para moitos de nós a primeira: cómodo, silencioso, económico, ecolóxico, persoal moi amable... E da cidade da Coruña cos seus museos, castelos, parques, tendas e xeaderías... Estupenda.

Pero con esta viaxe fixemos un estudo e vimos que para as nosas familias sería moito máis rendible ir en tren que en coche, pero non hai horario para chegar á Coruña antes das 10 da mañá. As nosas familias entran no traballo de 8 a 9 e saen cara as 15 horas.

O custo en tren mensual sería de 866 euros, mentres que entre gasóleo e autopista desde Cabanas gastan máis de 4.606 euros. É seis veces máis caro, ademais de perigoso e nada ecolóxico.