Sexan menos arbitrarios con Galicia
VICEPRESIDENTE SEGUNDO E CONSELLEIRO DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
OPINIÓN

04 feb 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
Galicia agarda con ilusión un investimento fundamental para a súa recuperación económica como son os fondos europeos Next Generation. Pero, ata agora só é iso, unha ilusión.
Antes da covid-19, a Xunta xa tiña sobre a mesa proxectos industriais para construír a Galicia do futuro, unha Galicia mellor que aposte pola súa dixitalización, a innovación, as enerxías renovables e a sostibilidade, e que amose o seu máximo compromiso co rural.
Tras a aparición da pandemia e o anuncio da Comisión Europea de dotar de fondos extra ós estados membros, temos unha oportunidade única para afianzar a recuperación económica, pensando sobre todo nas pemes.