Tanxugueiras

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

Tanxugueiras, en un momento de su actuación en el Benidorm Fest
Tanxugueiras, en un momento de su actuación en el Benidorm Fest RTVE

31 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Pois non foi demasiada sorpresa que as Tanxugueiras non fosen a Eurovisión, que queren que lles diga. Penso que, logo da primeira semifinal, estaba todo bastante claro. Podo entender que non sexan elas quen nos representen, claro. Pero desgústame moito que, tendo como opcións un himno feminista e un tema inclusivo que, ademais, fusionaba tradición e modernidade, nos vaia representar apenas un doom, doom con boom, boom, dando zoom, zoom. Movéndose a moito ritmo e cun traxe híper apertado con moitas transparencias. Eu... agardaba unha análise máis profunda por parte do xurado, alén do que ela avisaba: Siempre toy ready pa romper cadera. Houbo quen dubidou de que o galego puidese representarnos. Volveuse un problema. Mais onde haxa un party, monetari, daddies e secondary... todo vai ben. Estou moi orgullosa das Tanxugueiras, do seu proxecto. Está cheo de arte, forza, respecto e valor. Conseguiron mobilizarnos. Eu diría que unirnos. E iso... non hai xurado que o leve por diante. O público está con elas, superando á fama dunha noite. Ten que traducirse no éxito verdadeiro. Grazas, Tanxugueiras, por tanto como nos destes. O voso premio non vai ser ir a Turín. A recompensa que merecedes agora é que vos sigamos acompañando, que vaiamos aos vosos concertos, que escoitemos a vosa música, que merquemos os vosos traballos. Vós construídes a nosa Terra, e só por iso non debera haber fronteiras para a música que facedes. Sodes doutro lema: estades listas para romper barreiras.