Deportistas que son ídolos de barro 

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

CHRISTOPHER PIKE

18 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Tenistas e actuacións

Nos derradeiros días, as noticias que chegaban de Australia tiñan pouco que ver coa situación da pandemia no país, senón cun tema que transitaba por outras sendas, aínda que, indirectamente, si que estaban relacionadas con ela.

O tenista Novak Djokovic, número un da ATP que viaxara ao país para participar no seu torneo (un dos máis importantes a nivel mundial) estaba retido, á espera da resolución xudicial, por non estar vacinado e mentir no formulario de entrada.

As reaccións dos partidarios, de políticos do seu país e dos seus familiares non puido ser máis patética ao considerar a súa situación de retención como algo arbitrario; presentándoo como vítima, crucificado por unha sociedade inxusta. A resolución do conflito (denegar a entrada e non permitir a súa participación) non fixo máis que confirmar que nun país democrático e xusto as normas están para cumprirse por parte de todos, independentemente da relevancia da persoa que teña que someterse a elas.