Vouche sorrir

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

09 dic 2021 . Actualizado a las 08:22 h.

Quizais non poidamos compartir ningunha mesa este ano. Nin sequera un café deses nos que nos viamos a cara. Pode ser que teñamos que fragmentalo: hoxe contigo, mañá con outra. Pero... sabes? Non penso aniquilar o espírito do Nadal. Non. Négome. 

As rúas teñen luces de cores, se miras cara adentro das casas, en moitas poden verse árbores adobiadas, candeas prendidas ou debuxos pendurados. Nos ollos dos máis pequenos brilla a maxia. 

Vai frío e a min apetéceme comer castañas pola rúa, mirar escaparates e regresar a casa, cedo pero xa noite, para quentar o corpo. Como cando era tamén unha cativa. As tardes na vila eran marabillosas e as viaxes á cidade un universo de ilusión.