Onde habita a esperanza

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

Oscar Vázquez

03 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai uns días, a miña filla maior chegou a casa cunha petición. Quería levar un destes artigos de opinión para ler na aula. A verdade é que demorei a busca dun texto axeitado ao seu nivel un tempo, inconsciente de que sería un labor complexo.

 

As últimas columnas que aquí amosei están tinguidas de gris. Falan de medos, enfermidades, leas diversas, perda de tradición, lembranzas de desgrazas que marcaron a nosa vida e lixaron o medio ambiente...

Gustaríame ofrecerlles un texto alegre, cheo de esperanza e ilusión, composto de palabras que brillen coma as luces de Nadal que tanto lles gustan e coas que se contaxian da maxia da data.