«Caen WhatsApp y Facebook y aun así nos empeñamos en ayudarles a levantarse»

Cartas al director
Cartas al director CARTASALDIRECTOR

OPINIÓN

DADO RUVIC | Reuters

06 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Cae Facebook y caemos todos

Cae Facebook, cae Instagram, cae WhatsApp y aun así nos empeñamos en levantar la pantalla a cada poco para ver si les ayudamos a levantarse. Ya no entendemos esta relación el uno sin el otro. Si caemos, caemos juntos; y si nos levantamos, nos levantamos juntos. Hemos pasado tanto tiempo juntos que ya no nos reconocemos. No queremos sentirnos vacíos porque ya solo sabemos vivir en la plenitud. Ansiamos esa dosis de fotos y corazones que nos llenen la pecera de nuestra agua, a pesar de que esta lleve días, meses o años estancada. Las relaciones de amor cuando se acercan al extremo suelen desproveer a una de las partes de eso que llaman libertad. Una parte controla y la otra es controlada; uno solo sabe controlar y el otro solo puede ser controlado. En este caso, siempre controla el mismo. ¡Hemos dado tanto de nosotros y de un momento para otro nos convertimos en olvido! No hay corazones, no hay fotos, no hay comentarios, no hay actualizaciones, no hay reacciones ni rastro de nosotros. Julián Montouto.

O principio do todo vale

É patente que a cidadanía deste país ten sobrados motivos de indignación cando revisa os derradeiros acontecementos relacionados coa degradación económica, social, política e moral dunha parte da clase política, tras comprobar que o poder real xa está en mans dos tan denostados mercados ao atravesar en canal tanto a vida diaria das persoas como das institucións públicas. Son actitudes que, na práctica, laminan a credibilidade da democracia e fomentan o populismo, acentuando así o foso de desconfianza entre cidadáns e administradores até contaminar todo o que ten que ver coa propia democracia. A fichaxe do dirixente do PSOE Antonio Miguel Carmona como vicepresidente de Iberdrola, nun momento no que o prezo da luz constitúe un dos primeiros quebradeiros de cabeza de moitas economías domésticas e de pequenos e medianos negocios, representa un desprezo á confianza depositada polos electores, que comproban desanimados e desesperanzados como prevalece o interese particular por riba das necesidades máis inmediatas dos sacrificados contribuíntes. Un claro exemplo do que tan atinadamente describira Tom Wolfe en La hoguera de las vanidades: o enriquecemento particular por riba de todo, en definitiva, o principio do todo vale.

Ao final, o máis preocupante que pode dicirse desta situación é que produce unha decepción xeneralizada en amplas capas da poboación co perigo engadido de que parte da lexitimidade da democracia poida escaparse a chorros polos buratos abertos nos seus costados polas portas xiratorias, coa presenza de nomes ilustres da vida pública sentados nos consellos de administración das compañías eléctricas, pero calados diante da insultante suba dos prezos da luz. Ricardo Vales. A Coruña.