A dura denuncia da violencia machista

Mª Rosa Álvarez Prada DECANA DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA

OPINIÓN

Marcos Míguez

18 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Rabia, tristeza, impotencia… Son moitas as emocións que emerxen cada vez que a violencia machista se evidencia na súa maior letalidade, como no asasinato de Mónica, na Coruña. Como sociedade, preguntámonos por que non puidemos evitalo.

A denuncia é a chave que abre a maioría dos recursos de protección, pero como psicóloga teño moi claro que esta non é unha denuncia calquera. A denuncia por violencia de xénero é unha das máis duras para a vítima, xa que significa acusar ante a Xustiza a unha persoa coa que existiu unha relación sentimental, por quen se sentiu afecto e que en moitas ocasións é tamén o pai dos seus fillos ou fillas.

Entre os motivos para non denunciar, segundo a Macroenquisa sobre a Violencia contra a Muller de 2019, a maioría considera que o resolveu pola súa conta, que o episodio non foi tan grave, o medo ao agresor e a vergonza. A principal vía para rematar unha situación de violencia na parella non é a denuncia, senón a separación, en 7 de cada 10 afectadas. Pero a ruptura é tamén un momento de especial risco para a vítima, polo que na saída da situación de violencia é crucial o acompañamento e a protección.