A xustiza pola man

Marina Mayoral
marina mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

06 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Temo que o caso da muller que seccionou o pene ao seu xefe e que o denunciou por agresión sexual vai servir para desacreditar as denuncias de mulleres e, de paso, ao movemento Me Too. 

Ocorreu en Barcelona e todo parece indicar que se trata dunha vinganza e non dun caso de defensa propia. A muller traballaba de camareira nun bar propiedade do agredido. Ambos son de Bangladesh, el casado alí, e, segundo informacións de testemuñas, mantiñan relacións íntimas. Non está claro o sucedido, e, de momento, a muller está detida e, segundo noticias de prensa, a policía desconfía das súas declaracións e de que houbese un ataque previo que motivase a súa agresiva resposta.

O caso tróuxome á memoria un poema durísimo de Rosalía de Castro, A xustiza pola man. Nel, unha voz de muller dinos que xente que ten fama de honrada na cidade agrediuna e deshonrouna. Recorreu aos xuíces e non obtivo axuda; tampouco a recibiu do Ceo -«Tan alto que estaba bon Dios non me oíra»-. Entón colle unha fouce, un instrumento de traballo no campo, e sixilosamente, cando os seus agresores están durmidos, dun só tallo lles sega a cabeza. E conclúe: «I estonces… estonces, cumpriuse a xustiza: eu neles, i as leises, na man que os ferira».