Cruzar a rúa, un mundo

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

27 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Camiñaba pola rúa apurada, coma tantas veces. Xusto no cruce había unha señora chantada ao pé do paso de peóns, agarrada a un carriño bastante estragado.

Miroume e, sen saber a razón, detívenme ao seu carón, coma se agardase que me contase algo. E fíxoo. Pediume se podía cruzala.

Díxenlle que si e ao instante agarroume moi forte do brazo, moi, moi forte, coma se tivese medo de que a soltase nalgún momento. Pregunteille se se atopaba ben e contoume que se mareaba de xeito habitual. Entón prometinlle que non a deixaría caer. Se non ía moi lonxe, podía acompañala ao seu destino, ao que accedeu.