«Ás escritoras en galego: a nosa biblioteca está esperando as vosas historias»

Cartas al director
Cartas al director CARTASALDIRECTOR

OPINIÓN

17 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis galego

Somos alumnos e alumnas de 5º B. Gústanos moito ler cada mércores na escola o seu xornal. Escribímoslle esta carta porque desexaríamos ter novas en galego en todas as seccións do periódico. Non nos poñemos de acordo na porcentaxe; pero podería comezar co 20 % en galego para chegar ao 50 % e así ver representadas en igualdades as nosas linguas. Agardamos que as nosas peticións sexan tidas en conta e así tamén axudar a fortalecer a nosa lingua. Alumnos de 5º B do colexio Couceiro Freijomil. Pontedeume.

Grazas escritoras

Ás nosas queridas escritoras galegas: queremos darvos as grazas polos vosos libros que poñen en marcha a nosa imaxinación, facéndonos vivir diferentes aventuras. Sodes unha parte importante da nosa vida. Cos vosos libros aprendemos a ler nesta lingua tan fermosa e única. Nestes momentos de crise, é moi necesario que sigades escribindo, porque cada letra é como unha pinga de auga que nunca seca. A nosa biblioteca está esperando as vosas historias. Alumnado de 4º de Primaria do CEIP Sagrada Familia. A Coruña.