Poñer cancelas ao falar

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

27 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Non serei eu quen estea a favor de censurar as opinións, ata aí podiamos chegar. Por iso, vai por diante que deixo ben claro esta actitude.

O que xa non entendo é esta tendencia de dar crédito a quen non o ten. Opinar é unha cousa e ter opinión outra ben distinta. Así que non podemos confundilas.

Antes de botar a lingua a pacer, deberiamos informarnos sobre o tema. Logo, obviamente, as opinións son propias de cadaquén. Outra cousa é crear tendencia. E, irremediablemente, gústenos ou non, hai xente que, por distintas circunstancias, pode influír na sociedade. E aquí é a onde eu quería chegar. Porque non todos sabemos de todo, así que se imos facer declaracións o mellor sería informarse primeiro e non dar pé a mentiras ou ideas equivocadas. Menos aínda se nos referimos á saúde dun pobo.