Vamos! Loita! Sairás deixando atrás o covid

Cartas al director
Cartas al director CARTASALDIRECTOR

OPINIÓN

Mauricio Dueñas Castañeda

16 feb 2021 . Actualizado a las 10:30 h.

Medo a derradeira despedida

Unha chamada, unha última mensaxe e un ata logo que esconde o medo da derradeira despedida... o silencio enche o noso redor, o corazón encóllese de medo e as bágoas caen sen parar duns ollos que so queren cerrarse e despertar dunha realidade peor que o máis aterrador pesadelo endexamáis imaxinado. E por fin chega o día no que unha boa nova ilumina un escuro camiño que cada día se nos fai máis longo e aterrador. Non queremos imaxinar un final diferente á sorte de poder voltar a compartir contigo momentos de lecer e festa, de rir xuntos coas batalliñas duns momentos duros que xa quedarán no fondo do recordo cubertos por mantos de ledicia e bos momentos. Vamos! Loita! Porque ahí na soidade dunha fría cama de uci están os bos deseños dunha gran familia que te bota de menos cada día, os aloumiños dos que queremos volver a rir contigo e as forzas de todos os que te coñecen, porque se algo está seguro e que desta sairás!

Ánimo amigo!! Por ti». M.C.B.

 A  Ana Pontón  

Hai uns días, nun debate no Parlamento de Galicia, vostede se molestaba co presidente da Xunta porque sacou a relucir o seu apoio a ERC e a Bildu na campaña electoral catalá. Cito textualmente para que non haxa erros de interpretación as palabras de valoración do seu partido ao resultado das eleccións ao Parlamento de Cataluña: «Parabéns a ERC, la CUP y JxCat polos seus respectivos resultados electorais e por conseguir que o bloco soberanista volva gañar as eleccións en Cataluña e aumentar a súa representatividade ao pasar de 70 deputadas e deputados a 74 e superar o 50 % dos votos». E prosigue: «O pobo catalán demostrou máis unha vez, que a súa determinación cara a consecución do dereito de autodeterminación é firme e permanente». Respecto do primeiro parágrafo, dos parabéns a JxCat deducimos que o discurso crítico que fai o BNG en Galicia sobre a política de dereitas levada a cabo polo Partido Popular non está sustentada no feito de que sexa de dereitas senon no feito de non ser nacionalista-independentista. Do segundo parágrafo, deducimos que o voto nacionalista-independentista (que supera por primeira vez o 50 % dos votos emitidos) é o único para vostedes que representa de verdade a Cataluña xa que en todas as eleccións anteriores celebradas neste século (por non remontarnos máis alá) nas que era o voto non nacionalista-independentista o que superaba o 50 % non vimos unha valoración do BNG que dixese: «O pobo catalán demostrou máis unha vez, que a súa determinación cara a consolidación do dereito de formar parte de España é firme e permanente». Paréceme correcto que o BNG defenda as ideas nas que cre pero soamente lle pido que non as agoche dentro dun discurso aparentemente inclusivo con todos os galegos. Senén Adán.

 Déjenlos en la fiesta

Este fin de semana pasado la policía tuvo que intervenir en varios puntos de España para disolver fiestas ilegales. Después de llevar un año luchando contra el covid, evitando salir a la calle, relacionarnos y superar todas aquellas crisis relacionadas con la falta de trabajo de familiares y amigos, las actitudes descritas me indignan profundamente. Se necesita ser efectivos y por eso propongo: dejar a todos aquellos que hacen fiestas dentro de las mismas hasta que pasen la cuarentena. Es una medida para evitar contagios. M. Rodríguez. Vigo.