A realidade tras a ficción


Con tanta restrición volven poñerse en auxe as actividades caseiras. Películas, series... espero que tamén a lectura. En canto series hai comentarios, listaxes, debates... moito movemento. E eu, igual ca nos libros, pregúntome canto hai de realidade tras esa ficción. E sempre aparece algo.

 Unha das series máis aclamadas ten por protagonista unha xogadora de xadrez. Unha rapaza de mente prodixiosa, coas súas luces e as súas sombras, que deixa abraiada ao mundo cando amosa o seu talento.

A serie non destaca pola súa acción, así que dá tempo a pensar e fabular, tamén a cuestionar a propia serie e a realidade.

A raíz disto, algúns medios da prensa achegáronse a Anna Muzychuk. Non, non é a protagonista da devandita serie. Anna é campioa mundial de xadrez e, no seu momento, tamén foi noticia. Ou iso creo, porque a súa historia non deixou moitas liñas escritas. O caso é que se negou a xogar en Arabia Saudí porque non quería facelo nun lugar ao que ten que ir con hiyab e onde só pode saír á rúa se o fai acompañada.

Vostedes pensarán que fixo ben. Teñan en conta que iso fixo que perdese un dos títulos mundiais. Mais iso non a levou a dubidar. Non se arrepinte da decisión, pero si sente mágoa, pois non percibe que a súa decisión importe.

Quizais non fose o suficientemente loada, mais eu doulle moito valor. E coma min, moita máis xente, moitas máis mulleres. Por iso che digo: grazas. Porque isto é feminismo, sororidade e loita pola igualdade.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

A realidade tras a ficción