Cultura en tempos de pandemia

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

HAYOUNG JEON | Efe

24 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

No noso país, a cultura é sempre unha actividade en precario. A inmensa maioría dos que participamos dese mundo temos que intentar vivir doutro traballo. Si, leron ben, outro traballo, porque a cultura tamén se traballa. E tanto!

 

Poderiamos valorar as distintas maneiras de traballala, por suposto, pero iso non é un mal endémico da cultura, iso é un mal xeral da humanidade.

Quixera rematar o ano falando disto porque merece unha chamada á conciencia.

Cando a pandemia nos relegou a catro paredes por todo universo, as xentes da cultura agasalláronnos cunha inmensa táboa de salvación. Multitude de achegas ás que acollernos para salvar a nosa mente, tan baqueteada neses días. Os libros, a música, o cinema, as palabras... foron de moita axuda, de moito afecto.