Falta un mestre

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

Álvaro Ballesteros

05 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha praza de mestre menos

Eutou indignada coa xefatura territorial da Consellería de Educación que xusto este curso se lle acorda deshabilitar unha praza de mestre no colexio de educación infantil e primaria Rosalía de Castro, de Xinzo de Limia, xusto ó que acude a miña filla. Supoño que amortizarían prazas en máis escolas, e iso que nos venden que están a ampliar persoal (será de políticos) para que así as aulas non estén tan saturadas e poder manter a distancia de seguridade e hixiene e de paso, xa que van ó cole, aprender algo.

A min isto. da nova normalidade, supoño que como á gran maioría, tenme desconcertada (por todas as incongruencias destas novas leis, que por certo, cada tempada cambian) pero, sobre todo, estou asustada.

Son mestra e nai polo que, tanto por un lado como polo outro, a incerteza e non poder controlar a situación e non ter unha programación clara, non so educativa, se non da vida mesma, fora da escola, no día a día, asústame. Pero se xa me parecían bastantes crianzas xuntas nun aula de 18 en 4 de primaria, agora con 25 e en Xinzo (que non Las Palmas) eiquí isto. de ventilar e as clases ó aire libre (segundo recomenda o protocolo a día 31 de agosto) non é moi factible... Paréceme que van a ir cada día a librar unha batalla contra un inimigo invisible, sen compañeiros de filas, xa que non poden nen acercarse, e por encima non sabes se te atacou e te envelenou ata varios días despois, cando seguramente xa fuches a visitar, como todos os fins de semana, ós avós á aldea. Eles están esperando ós netos con todo o seu amor e cos brazos abertos para darlle un bico e un abrazo....

Espero e desexo que os políticos que están detrás da xefatura territorial de Educación cambien de idea e se poñan do lado dos nenos e dos mestres e familias asustadas e non do lado do inimigo invisible, que xa é o suficientemente letal como para que lle dean máis armas. Como o estamos a facer é imposible derrotalo. C.F.P. Xinzo de Limia.

«Virtudes (e misterios)»

Teño que dicir que coñecía a Xesús Fraga polos seus artículos en La Voz de Galicia sempre moi interesantes, porén non a súa faceta de novelista que aínda que non é moi prolífera se conta por premios cada unha das súas incursións neste eido. Non obstante de entre todos eles supoño que o que lle produciría máis ilusión sería o do Frei Martín Sarmiento, porque eu tamén experimentei esa ledicia, por recibilo, e máis cando o que o dan son rapazas e rapaces.

E dito isto vou a falar da súa novena Virtudes (e misterios) penso que é unha escrita sobre a emigración, que se votaba de menos, na que Xesús soubo reflectir dun xeito maxistral esa problemática dos galegos e galegas e o fai inserindo ao lector en todos os problemas cos que os emigrantes se atoparon: a loita pola vida, os seus traballos e sacrificios. Todo nunha linguaxe fluída e de grande beleza ata o punto de que engancha ao lector ou lectora dende as primeiras páxinas. Por iso, non obstante a súa extensión, a lin dun tirón. Ademais o acerto de Xesús e o respeto a lingua polo coidado vocabulario do que fai gala, algo que se nota en falta hoxe en día.

Outro dos acertos da novela son as frases e palabras que aparecen na obra en inglés porque isto crea un ambiente que afonda aínda máis no tema. Estamos pois diante dunha grande novela polo que tan só me resta unirme aos moitos parabéns que o autor xa leva recibido. José Luis RIpalda.

 «Patria» y su polémico cartel

Respecto a la polémica que se ha creado por el cartel promocional de la serie Patria basada en la novela de Fernando Aramburu Irigoyen, me gustaría comentar lo siguiente:

Primero, que el cartel, realmente, es «equidistante», es decir: que pone al mismo nivel de «víctima» a las víctimas reales y a los verdugos. Hasta ahí, de acuerdo.

Pero debo decir, que el libro en sí no es menos equidistante, y que el cartel refleja bastante fielmente la sinopsis del libro. Yo lo he leído y sin entrar en discusiones técnicas ni filológicas, creo que el argumento de la novela discurre efectivamente, entre luces y sombras de una bastante molesta ambigüedad y una repugnante indeterminación que lleva a un final que a los que siempre hemos estado radicalmente en contra del nacionalismo terrorista, nos deja un amargo sabor de boca y una sensación de incomprensible cobardía por parte del autor, por pretender dar una de cal y otra de arena a unos y a otros.

Desconozco la ideología del autor y sus pretensiones al escribir esta novela, pero si lo que pretendía era contentar a unos y a otros en la misma medida, en mi opinión, este libro, disgusta a unos más que a otros. Entre ellos, a mí. Virginia R. Mateos. Vigo.