Meirás ao dominio público

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

ALBERTO MARTI VILLARDEFRANCOS

03 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Falou a Xustiza  e dixo que a familia Franco debe devolver o Pazo de Meirás ao dominio público.

Aínda poden pelexar por el ante a Audiencia Provincial pero, polo de agora, a sentenza é esta. Non dubido que intentarán botar abaixo o ditame. De feito, non é o primeiro intento. Pero o de hoxe xa é un logro. O pobo non estaba tolo, non mentía. O pobo comeza a liberarse do medo.

Estas accións non son sinxelas, pois o proceso dilatouse enormemente no tempo. O que nun principio semellaba imposible, que era recuperar a propiedade, agora vese moi preto. Daquela, pregunto eu... non estaría ben revisar outros procesos semellantes? A min ocórreseme a Casa Cornide ou un par de esculturas que formaban parte do Pórtico da Gloria. Por se acaso. Non fora que no proceso se escapase algunha «anécdota» do proceso sen importancia aparente pero que agora alumee o caso.

Con todo, deberiamos coidar do noso patrimonio de xeito xeral. Deume moita mágoa ler hai uns días a nova de que un veciño de Alfoz quixo doar ao Museo Provincial de Lugo dúas máquinas de mallar de carácter histórico. Non foi posible polo tamaño das máquinas, así que acabaron en Toledo. Toledo!!! Non haberá outros lugares no noso país onde telas? Non é a primeira vez que lle pasa algo así a Valentín González, que ten en propiedade innumerables obxectos portadores do noso ADN. Sente fachenda de quen somos, pero non é ese o sentir da nosa sociedade. Co ricos que somos en patrimonio material e inmaterial...