Descarrila a conciencia ecolóxica


É habitual atopar pola rúa cabichas, panos de papel, plásticos varios... Agora, á restra de refugallos hai que engadir as máscaras. Os que paseamos afastados do núcleo, por carreiros e camiños de terra, damos coa protección máis básica contra a covid polo chan. Fai que me cuestione que tipo de persoas somos, que conciencia social temos. Non aprendemos a coidar a casa, unha tristura.

 

Claro que hai delitos a grande escala que me deixan aterrada.

Nos proxectos construtivos para obras civís hai moitos anexos. Un é o estudo do impacto ambiental. A obra provoca unha afección á contorna, que se estuda e valora co obxectivo de mitigar ese choque.

Ademais, podemos definir tres fases nas obras: proxecto, construción e explotación. Hai requirimentos a cumprir para cada unha delas. Está moi ben reducir o impacto visual das vías, minorar a contaminación de calquera tipo no percorrido, pero... se sae da vía, tiramos os vagóns ao río Sil? Total, só estamos a un pé da Ribeira Sacra, ese paraíso natural que tanta fachenda nos dá. Nin sequera pedimos permiso, non? E, de paso, contamos coa supervisión e vixilancia da Garda Civil para perpetrar este atentado ecolóxico.

Quen fixo isto? Adif, a entidade pública que administra as liñas ferroviarias. Tremendo!

Oian. O coidado do medio ambiente non é só unha morea de follas dentro dun proxecto. É unha responsabilidade perpetua.

En Galicia levamos solicitando o acceso ferroviario hai décadas. Pero querémolo seguro, para a nosa xente e para a nosa terra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Descarrila a conciencia ecolóxica