«O que necesita a sanidade pública é unha inversión económica decidida»

Cartas al director
Cartas al director CARTASALDIRECTOR

OPINIÓN

Ricardo Rubio | Europa Press

10 ago 2020 . Actualizado a las 17:36 h.

Sobre o bono turístico ao persoal sanitario

Son médica de familia no Servizo Galego de Saúde e quero manifestar á Xunta de Galicia e a opinión pública a miña desconformidade co bono turístico de 250 euros chamado #QuedamosenGalicia que se ofrece aos traballadores da sanidade pública, por varios motivos.

En primeiro lugar, trátase dunha propina económica de moi dubidosa ética que foi rexeitada por moitas asociacións profesionais; que se presentou e retirou xusto antes das eleccións, e que non vai facer que esquezamos a pandemia nin as súas terribles consecuencias.

Creo que o que necesita a sanidade pública é unha inversión económica decidida, de recursos humanos e materiais para resolver a precariedade crónica do sistema, evitando a privatización deste servizo esencial.

Por desgraza, o sector turístico non é o único que precisa de axudas económicas para saír da crise post pandemia. O pequeno comercio, a industria e gran parte do sector terciario tamén quedaron freados, pero o beneficiario dos 5 millóns de euros do proxecto será unicamente o turismo. Hai que ter en conta tamén que só se pode utilizar en determinados establecementos, deixando fóra do beneficio económico moitos outros que non entran na oferta. Finalmente, tendo o formato dunha tarxeta bancaria nominal, o bono non se pode doar a outra persoa ou institución con baixos recursos ou persoas en situación de desemprego.

Por todo isto, quero mostrar o meu rexeitamento ao devandito bono, declaro que non o vou solicitar, e reclamo á Xunta de Galicia que faga unha inversión directa e decidida pola sanidade pública. Irma Fito Egea.

Otros tiempos

Al hilo de la marcha de Juan Carlos I y ante el silencio en su defensa de tantos que se beneficiaron con su buscada proximidad, me viene la imagen de una vieja fotografía tomada el 15 de abril de 1931, un día después de proclamarse la Segunda República. Como la noche anterior Alfonso XIII (¡mal fario!) había abandonado Madrid rumbo a Cartagena, dejando atrás casi todo, incluyendo a la reina y a dos de sus hijos, Victoria Eugenia se desplazaría en coche hasta el Escorial y desde allí partiría en tren hacia Hendaya. Pero antes se despediría de un grupo de leales, apenas unos veinte, en el alto de Galapagar, que es el momento recogido en la fotografía. Sobra decir que en aquellas horas de efervescencia antimonárquica, mostrar cercanía con los reyes no era lo más aconsejable. En el grupo había un joven que acababa de enterrar a su padre, muerto en París hacía justo un mes. Su padre había presidido el directorio militar y civil que gobernó España durante seis años bajo el reinado de Alfonso XIII, pero sin recibir siquiera el reconocimiento sentimental que merecía; esta ingratitud incrementaría los padecimientos de su enfermedad el último año de su vida. Pese a todo, allí estaba aquel joven con dos de sus hermanas, junto a la reina, en uno de los momentos más difíciles. Con ello daba muestras de la elegancia de espíritu que caracterizaría su vida y con la que afrontó su muerte cinco años después ante un pelotón de fusilamiento. Miguel Ángel Loma Pérez. Sevilla.

Grazas, Íker

Iker Casillas foi un porteiro que salvou o Real Madrid e a Selección en múltiples ocasións con paradas milagreiras. Tivo unha fantástica traxectoria, tanto co equipo merengue como con España. Encargouse de telefonear a Xavi para rebaixar os piques que había entre o Madrid e o Barcelona que afectaban a Selección e ganouse os corazóns da xente o pedirlle o árbitro que puxera fin a agonía de Italia con 4-0. Miguel Becerra Loureiro. Culleredo.