A inmediatez, unha tirana


Non é a primeira vez que me invade a sensación de andar ás carreiras, coma se fose un polo sen cabeza. Chega a noite e intento pensar: que fixen, tan urxente, para correr? A resposta adoita ser difusa.

É o mundo, que se move así. Cústame seguirlle o ritmo. Son unha muller activa, pero tamén necesito a pausa, o pouso.

Chamáronme ao meu teléfono móbil dúas veces. Estaba comendo, momento no que non adoito levar o teléfono no peto. Non vou xustificar as razóns diso, aínda que as haxa, e máis dunha.

Tardei cinco minutos en devolver esa segunda chamada. Pero a liña comunicaba. Así que cando un chisco despois conseguín contactar levei un desgusto. Chamáranme para contratarme un evento cultural, pero como non respondín ao instante xa amañaran con outra persoa.

Así me dixo, e, sonlles sincera, desexei que non mo contara. Porque era traballo. Un deses que desenvolvemos a xente autónoma. Moitas veces non temos sequera moitas oportunidades laborais... E cinco minutos sen estar pegada ao teléfono móbil... zas! Leváronmo de diante. Xusto nesta época tan complicada e inestable.

A primeira reacción foi a de tirarme dos pelos, autorrecriminarme non estar pegada ao teléfono as vinte e catro horas do día. Perdín o traballo, a oportunidade.

Logo negueime a cargar coa carga. Descúlpome aquí tamén cos que non lles respondo ás mensaxes de WhatsApp ou ás mensaxes e comentarios nas redes sociais ao instante. Si, ás veces boto tres días sen pasar por eses lares. A miña vida, por sorte, é outra. Sen o traballo ese, mais real coma a vida mesma.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Tags
Comentarios

A inmediatez, unha tirana