A cobiza sobre Meirás


de Meirás xa é unha dilación no tempo insoportable. Alén do que digan certos documentos e a familia, é fácil supoñer como eran as cousas naquel tempo no que estaba claro quen mandaba e quen obedecía, sen ningún tipo de escusa. O medo era o rei das leis. O silencio, como moito, a maior das protestas. Saír de aí constituía un perigo brutal, un atentado contra a propia vida que moi poucos estaban dispostos a correr. Necesitamos lembrar os exemplos dos que se atreveron a amosar os seus verdadeiros sentimentos e ideais? 

Entendo que os descendentes queiran pelexar, negar o innegable, crer a propia mentira, converter a súa versión na oficial e auténtica ou cubrir cun manto de verdade a mentira. Pero iso poucas veces é posible, porque as mentiras son moi esvaradías, acaban atravesando os poros máis pequenos e abren fendas insondables que se converten en abismos imposibles de salvar.

A esperanza, é o que ten, que serve por igual a uns e outros. Pero a historia e conciencia debera superala.

Sorpréndeme que, se o pazo volve ao Estado, haxa peritos que pensen que se deba indemnizar á familia Franco. Onde están eses peritos para restaurar a honra (xa non digo nada máis, pois hai cousas imposibles de reparar) da vila, dos propietarios, dos que foron enganados, roubados e esmagados? Onde? Onde están?

Está claro que na vida é ben importante ter amigos, pero se eses amigos teñen poder... moito mellor. E o poder, queridiños, xa vén que se pode dilatar no tempo, superando ás propias persoas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Tags
Comentarios

A cobiza sobre Meirás